Enviado aos centros educativos o calendario definitivo das Rutas Urbanas Animadas

Os centros educativos dispoñen ata o venres 23 de marzo de 2018 de para realizar o pagamento da cota, segundo o calendario definitivo remitido polo SME coas rutas adxudicadas, as datas, os horarios, o servizo de transporte e as cotas.

O ingreso farase na conta de CaixaBank da Federación de ANPAS de centros públicos e o seu número é: ES37 2100 6359 5802 0006 1816; indicando no concepto o programa “Rutas Urbanas Animadas” e o nome do centro. Enviarase o xustificante do pagamento ao enderezo electrónico ocio@fedapascoruna.org.

Para resolver calquera dúbida ou realizar algunha anulación no periodo de desenvolvemento das rutas poden poñerse en contacto co Servizo Municipal de Educación, no teléfono 981 184 200, ext.: 22013, 22012 ou 12038 ou educacion@coruna.es.

Rutas Urbanas Animadas

Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres até os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas.

Persoas destinatarias: alumnado do último curso (3.º E. Infantil) da Rede de Escolas Infantís Municipais; e de educación infantil e 1.º e 2.º cursos de educación primaria dos CEIP do concello da Coruña.

Período de realización: durante os meses de abril e maio de 2018.

Máis información no Libro dixital 2017-2018.