Entrega de diplomas do programa EDUCASAÚDE

O xoves 1 de febreiro, ás 20:00 horas, tivo lugar a entrega de diplomas das persoas participantes no Curso sobre Saúde no medio escolar celebrado os días 12, 14 e 19 de decembro. O acto estivo a cargo do Alcalde da Coruña, da Presidenta da Fundación María José Jove e da Concelleira de Xustiza Social e Coidados.