Coruña Nadal

Image

Dous alumnos do CEIP Eusebio da Garda e do Colexio Calasanz foron os gañadores do Concurso Escolar de Postais de Nadal organizado polo Concello da Coruña.

Ao certame presentáronse máis de 2.000 postais feitas polo alumnado de máis dunha decena de centros escolares da cidade. Os gañadores foron Marco Emilio Gundín Núñez, de 5 anos e que estuda no CEIP Eusebio da Garda; e Gabriel Graña Cusí, que estuda 6º de Educación Primaria no Colexio Calasanz.

Os gañadores recibirán como premio unha play-station e ademais as súas postais serán a felicitación oficial de Nadal do Concello e o cartel das festas.

A participación nesta terceira edición do concurso de postais superou todas as expectativas existentes, de tal maneira que foron máis de 2.000 as postais presentadas e analizadas polo xurado, composto por membros das concellarías de Cultura e Educación