Coruña Matemática

Image

Centenares de escolares de toda Galicia participarán os próximos días 22 e 28 de abril no XVII Rebumbio Matemático e na XI Feira Matemática, organizadas pola Asociación do Profesorado de Educación Matemática de Galicia en colaboración co Concello da Coruña. O venres, día 28, o Fórum Metropolitano acollerá unha nova edición do Rebumbio Matemático e o 22 de abril o Palexco o que acolla a Feira Matemática.

No Rebumbio Matemático participarán 285 escolares de toda Galicia, dos que 105 corresponden a centros que competirán na cidade da Coruña.

A fase zonal do XVII Rebumbio Matemático terá lugar na Coruña o 28 de abril no Fórum Metropolitano. Os 105 escolares estarán organizados en 35 grupos de tres alumnos cada un. Os centros participantes son A Grande Obra de Atocha, o colexio Montespiño, o colexio Internacional Eirís, o colexio Fillas de Xesús, Salesianos, Esclavas, Andaina, CEIP Víctor López Seoane, CEIP de Zalaeta, CEIP Anxo da Garda, CEIP Curros Enríquez, CEIP de Prácticas, CEIP Portofaro de Cambre, CEIP San Marcos de Abegondo e CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo.

Os mellores grupos de cada zona (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) participarán na final galega, que terá lugar o 19 de maio no Fórum Metropolitano. Nesta final tomarán parte 45 alumnos de 6º de Primaria de toda Galicia, decidindose ese día o grupo gañador do certame, que ten como obxectivo a divulgación das ensinanzas matemáticas de forma creativa e divertida.

O Rebumbio Matemático está dirixido ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria, co obxectivo de contribuír á mellora do proceso de ensinanza e aprendizaxe das matemáticas a través da resolución de problemas de forma cooperativa mediante o traballo en equipo dos alumnos participantes.

A distribución do participantes queda establecida da seguinte maneira:

  • Zona de A Coruña: 35 grupos para un total de 105 participantes
  • Zona de Ferrol: 4, cun total de 12 participantes
  • Zona de Lugo: 4 grupos para un total de 12 participantes
  • Zona de Ourense: 5 grupos para un total de 12 participantes
  • Zona de Pontevedra: 10 grupos para un total de 30 participantes
  • Zona de Santiago: 14 grupos para un total de 30 participantes
  • Zona de Vigo: 22 grupos para un total de 60 participantes
Image

Neste mesmo contexto situase tamén a celebración da XI Feira Matemática, organizada por Agapema e a Concellaría de Xustiza Social e Coidados, que terá lugar o próximo 22 de abril e se desenvolverá no Palexco coa participación de numerosos escolares da cidade. A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das matemáticas e está dirixida aos alumnos de Educación Infantil. Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, así como ao profesorado e público en xeral. Cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos, pode expoñer unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas.

Cada centro ou entidade participante disporá dun posto para mostrar experiencias de aula, xogos, exposicións, puzzles e todo tipo de actividades relacionadas coas matemáticas. Por participar nas diferentes actividades programadas os visitantes reciben Agapemos (a moneda oficial da feria), o que lles permite adquirir libros, regalos e xogos.

A Feira Matemática faise coincidir coa celebración do Día Escolar das Matemáticas, e este ano está dedicada ao tema “Matemáticas e Turismo”, o que pode dar ideas para que algunhas das actividades que se presenten xiren en torno ao mundo do turismo e o papel que xoga na nosa vida diaria e na educación.

A inscrición para participar na Feira Matemática pode facerse a través do seguinte enlace:

http://www.agapema.org/?q=node/377

Para máis información, www.agapema.org