Concurso VII Festival CinEOI Coruña 2017

Organizado polo Equipo dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e o Concello da Coruña co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego, entre os estudantes das EOI da provincia da Coruña (da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Ferrol) e as súas seccións, as Escolas de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e Pablo Picasso, o Conservatorio Profesional de Música da Coruña e Ferrol na categoría absoluta; e estudantes de 3º ciclo de E. primaria, ESO, bacharelato e FP dos centros públicos e concertados do Concello da Coruña nas categorías infantil e xuvenil.

A Gala de entrega de premios CinEOI2017 celebraráse os 27 de abril 2016 na EOI da Coruña.

Co obxectivo de animar á participación e promocionar o concurso estase a realizar, na EOI da Coruña e no aula de informática do Ágora, o “OBRADOIRO ACHEGAMENTO PRÁCTICO AO PROCESO DE REALIZACIÓN DUNHA CURTAMETRAXE”, de 30 horas de duración, impartido por Omar Rabuñal Varela, realizador, guionista e actor con máis de 10 anos de experiencia no medio audiovisual, no que están a participar 23 persoas.

O Concello da Coruña colabora en dúas fases do concurso:

  • Finanzación do “Obradoiro achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe”
  • E outorga o do premio á “Mellor curta” na categoría absoluta, cofinanciado por Voz Audiovisual (por Voz Difusión Noticias), e os premios “Ben falado” das categorías xuvenil e infantil.