Cidades Amigas da Infancia de UNICEF

Image

Unicef distingue á EIM Carricanta e á EIM Monte Alto dentro de Cidades Amigas da Infancia polos seus proxectos de boas prácticas

O pasado 15 de novembro levouse a cabo a cerimonia de entrega dos Selos de Recoñecemento CAI no Pazo da Magdalena en Santander.

Este ano veñen de ser galardoados un total de 80 municipios que recibiron esta distinción a través da cal, en palabras do presidente de Unicef Comité Español conleva a que 'ser Cidade Amiga da Infancia é máis que un selo, é elixir ser unha cidade onde os dereitos se fagan patentes e verdadeiros, onde se conviva ao redor dos dereitos humanos dos nenos e das nenas, e onde eles e elas sexan o centro'

Neste acto de entrega tamén se outorgaron 44 distincións do VIII Certame de Boas Prácticas. Neste concurso recoñécese a proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia, levadas a cabo por gobernos locais e outras entidades públicas e privadas.

Dentro da distinción de Boas Prácticas foron galardoadas dúas Escolas Infantís Municipais da nosa cidade: a EIM A Carricanta e a EIM Monte Alto.

No caso da EIM A Carricanta o proxecto galardoado foi 'Con moitas mans faremos un mundo de cor' e para a EIM Monte Alto o recoñecemento foi para o proxecto 'A Tenda de Antón'

Acceso á web de Unicef