Admisión de escolares na Rede de Escolas Infantís Municipais

  • Estas relacións de nenos e nenas admitidos/as e en lista de agarda son definitivas.
  • Deberase formalizar a matrícula na escola na que resultou admitido/a os días do 1 ao 14 de xuño.
  • De non formalizar a matrícula nestas datas, decaerá o dereito á praza obtida.
  • Cando un neno/a sexa admitido/a nas dúas escolas solicitadas, unha vez formalizada a matrícula nunha delas, será excluído/a automáticamente das listas da outra. Nestes casos, prégase ás familias que a confirmación de praza na escola da súa elección sexa o máis rápida posible, para axilizar ao máximo os movementos nas listas de agarda en beneficio doutras familias.
  • Os/as solicitantes en lista de agarda terán un prazo de 48 horas para confirmar ou rexeitar a praza no caso de ser chamados/as. Pasado ese tempo excluiránse da lista.
  • Os posteriores movementos nas listas de agarda das escolas dende a publicación desta relación, deberanse consultar directamente nas propias escolas infantís.
  • En aplicación do establecido no artigo 27.9 do Regulamento de Organización e Funcionamento da REIM do Concello da Coruña, a obtención de praza por parte dalgún alumno/a con necesidades educativas de apoyo específico implicará a reducción nunha praza das ofertadas inicialmente no grupo de idade que corresponda, xa que a efectos de ratio, as prazas ocupadas por estes alumnos/as computan como dobres.