Aberto do 5 ao 16 de marzo ás 14.00 h. o prazo para inscribirse nas XXVI Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional

XOUP 2018

As inscricións fanse nos centros educativos a través da ficha XOUP 2017-18. As persoas destinatarias son as que cursan 4º de ESO, Bacharelato e ciclos formativos. Outras persoas interesadas poden anotarse a través do CMIX.

As XXVI xornadas de orientación universitaria (XOUP 2017-18) ofrecen a oportunidade de coñecer os ciclos formativos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega.

As Xornadas divídense nas seguintes actividades:

Do 9 ao 13 de abril presentación dos estudos universitarios que se imparten nas universidades públicas galegas mediante a organización de diversas mesas informativas. Nesta semana tamén se presentan outros estudos profesionais como son os de policía e forzas armadas.

Do 16 ao19 de abril visitas aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos de FP, para coñecer máis de cerca estes estudos.

O 17 de abril presentación dos Estudos Superiores de Deseño e Arte Dramático.

PERSOAS DESTINATARIAS

Alumnado de 4º de ESO, FP e Bacharelato que desexe coñecer os ciclos formativos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega.

No caso de haber prazas dispoñibles poderán acudir outras persoas interesadas facendo a solicitude no CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil).

INSCRICIÓNS

Do 5 ao 16 de marzo ás 14.00 h. a través da ficha XOUP 17-18 dispoñible na web www.edu.coruna.es

Unha vez que os centros introducen os datos na aplicación a obtención de credenciais faise do seguinte xeito:

  • Para as visitas aos centros de FP e aos Estudos Superiores de Deseño as credenciais obteranse ao facer a inscrición en liña. Os centros teñen que imprimilas e entregarllas ao alumnado.
  • Para as mesas universitarias os centros fan a petición na web e o Servizo Municipal de Educación remitirá as credenciais a posteriori aos centros.

Para resolvar dúbidas sobre o uso da aplicación poden escribir a gestionim@edu.coruna.es

As solicitudes fóra de prazo poden facerse no CMIX do 20 de marzo ao 6 de abril.

Máis información no Libro dixital 2017-2018