Aberto ata o venres 9 de marzo ás 14:00 h o prazo de confirmación do calendario provisional de Rutas Urbanas Animadas e Itinerarios

Os centros educativos dispoñen do calendario provisional coas rutas e itinerarios adxudicados, datas, horarios e servizo de transporte. A confirmación ou a solicitude de cambios e anulacións na adxudicación provisional debe facerse a través do enderezo electrónico educacion@coruna.es.

Desta adxudicación provisional é preciso que confirmen:

  • As datas asignadas
  • O número de alumnas/os
  • O número de acompañantes (o seu nº máximo será 1/2 titor/a por grupo-clase e, a maiores, 1 acompañante por cada escolar con NEE; ou un máximo de 5 nos grupos de EI, se o centro o considera necesario e se teñen praza no autobús).
  • Se é o caso, anulación das rutas.

Rutas Urbanas Animadas

Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres até os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas.

Persoas destinatarias: alumnado do último curso (3.º E. Infantil) da Rede de Escolas Infantís Municipais; e de educación infantil e 1.º e 2.º cursos de educacion primaria dos CEIP do concello da Coruña.

Máis información: http://edu.coruna.es/ga/libro_dixital_2017_2018/programas_educativos_do_servizo_municipal_de_educacion/a_coruna_de_aventura/rutas_urbanas_animadas

Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.

Persoas destinatarias: alumnado desde 3º a 6º de primaria, de secundaria e bacharelato dos centros escolares do municipio.

Máis información: http://edu.coruna.es/ga/libro_dixital_2017_2018/programas_educativos_do_servizo_municipal_de_educacion/a_coruna_de_aventura/itinerarios

Período de realización: durante os meses de abril a xuño de 2018.