A admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais arranca o 3 de abril para renovación de prazas e o 17 de abril para novas solicitudes

Admisión na REIM

As nove escolas infantís da rede contarán con xornadas de portas abertas para que as familias poidan coñecer os centros nos que queren solicitar praza. Na páxina de cada escola nesta web pódese consultar as datas de cada centro.

Reserva de praza

Os nenos e nenas escolarizados/as durante o curso 2017-2018 na Rede de Escolas Infantís Municipais, poden renovar a súa praza do 3 ao 12 de abril de 2018 na propia escola.

Para a renovación de praza é necesario estar ao día no pagamento das cotas mensuais e actualizar a documentación da situación económica, familiar e de residencia no municipio.

Novos ingresos

O 16 de abril publicaranse as prazas vacantes para o novo curso. Do 17 de abril ao 4 de maio (ambos incluídos) pódese solicitar praza para menores nados en 2016, 2017 e 2018. Aquí pódese consultar a documentación necesaria.

É posible solicitar praza nun máximo de dúas escolas infantís municipais. Presentarase a documentación esixida en cada unha delas. De incumprirse esta norma, o solicitante pasará a ocupar o último lugar na relación de solicitudes, independentemente da puntuación obtida. Unha vez pechado o prazo de solicitudes non se permitirá a alegación nin a xustificación de méritos.

Calendario

Os demais prazos do proceso de admisión e matrícula son os seguintes:

O 8 e 9 de maio celebraranse os consellos escolares, o 11 de maio a Comisión de escolarización. O 14 de maio publicaranse as listas provisionais e do 15 ao 29 de maio extenderase o prazo de reclamacións.

As reclamacións consideraranse resoltas coa publicación das puntuacións definitivas. Durante este período, non serán admitidos nin valorados novos documentos que non fosen presentados no prazo de solicitude.

Rematado o prazo de reclamacións celebraranse os novos consellos escolares: 30 de maio e Comisión de escolarización: 31 de maio.

As listas definitivas e de agarda publicaranse o 1 de xuño.

O prazo de matrícula irá do 1 ao 14 de xuño.

O curso escolar 2018-2019 iniciarase o 5 de setembro.

Máis información