Xornadas de debate sobre comedores escolares

Image

O GIEEA, en colaboración coa Confederación de ANPAS Galegas, coa Fundación Juana de Vega e coa UVigo, ten programado para o día 16 de decembro a celabración dunha Xornada de Formación e Debate sobre Comedores Escolares.

A Xornada celebrarase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. O programa é amplo e diverso:

  • 9.00-10.00. Carlos Spuch Calvar, Investigador Senior do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, coa palestra “Como o tipo e orixen dos alimentos pode influenciar no desenvolvemento do cerebro dos nosos escolares”.
  • 10.00-11.00. Pablo Alconchel. Responsable da Plataforma por Unos Comedores Escolares Públicos de Calidad, coa intervención "Innovación Social en la gestión de los comedores escolares públicos en Aragón".
  • 11.15-12.15. Carmen Mosquera Tenreiro, Responsable do Programa de Comedores Escolares de Asturias. A súa palestra leva por título "Alimentación Saludable y de Producción Ecológica en los Comedores Escolares de Asturias".
  • 12.15-13.15. Luis González Reyes, de FUHEM, tratará o tema “Comedores escolares ecológicos. Experiencias de transición y potencial educativo”.
  • 13.15-14.15. Carles Soler, da Asociación Menjadors Ecològics presentará o proxecto “Menú 2020. Transformar el menú para transformar el modelo”.
  • 16.00-17.00. Lucía Zamora Gorbeña, empresaria fundadora de Deluz, e Roberto Alvarez, Director-Xerente de AMPROS, falarannos da experiencia de Catering “de personas cocinando con sentido”.
  • 17.00-18.00. Javier Sánchez, presidente da Confederación de ANPAS de Galicia, planteará a “Proposta de transformación dos comedores escolares.”
  • 18.15-19.15. Xavier Simón, do GIEEA, será o encargado de desenvolver o Taller Activo e Participativo sobre “Como definir os mecanismos administrativos para mudar o sistema de adxudicación de comedores escolares”.

Esta xornada está destinada preferentemente a nais, pais e profesionais do sector. Pero sobre todo está pensada para persoal técnico da Administración Autonómica e Local, así como a responsábeis políticos desas mesmas administracións.

+info