Talleres infantís de entroido no MAC

Scrumptious!

Image

Programa.
1. Laboratorio na cociña: observarás reaccións sorprendentes que ocorren ao misturar ingredientes, atréveste?
2. Coas mans na masa: hora de traballar duro e mancharse o nariz creando as nosas masas ideais.
3. Poñémolo bonito? Vangarda e cociña danse a man para decoracións de chocolate, glaseado, cremas…
4. Packaging creativo: o mundo craft ofrécenos a posibilidade de acompañar os platos de orixinais presentacións.
5. Hora da festa! O último día celebraremos o noso particular entroido.

Datas. Sábados do 4 ao 25 de febreiro de 2017.

Horario. De 11.30 a 13.30 horas.

Alumnado. Indicado para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que gocen da cociña e as actividades creativas.

Prazas limitadas. 15 persoas.

Prezo. 45€ (4 sesións, 8 horas).

Inscrición. Ata o 2/2/2017

+info

O meu primeiro gravado: un tolo animalario ilustrado

Image

Presentación.

Neste obradoiro os nenos e as nenas van crear e estampar mediante tórculo manual os seus propios gravados. Crearemos entre todos un tolo animalario no que a imaxinación de todos os pequeños se sumará para crear infinitas combinacións de personaxes incríbles, seres imposibles e monstros divertidos. Antes de poñernos mans á obra, coñeceremos un pouquiño a historia desta técnica artística da man de clásicos como Gustavo Doré, John Tenniel ou Alphonse de Neuville que ilustraron “O Gato con Botas”, “Carrapuchiña Vermella”, “Alicia no País das Marabillas” ou “20.000 Leguas de Viaxe Submarina”. Despois pasaremos á acción preparando a nosa primeira plancha. Cada neno creará unha parte do animalario (cabeza, tronco, patas) debuxando e gravando con punzón sobre madera su ilustración. Despois eles mesmos descubrirán os resultados fascinantes de combinar as planchas con todos os seus compañeiros e as súas compañeiras, e sorprenderanse dos resultados ao pasar polo tórculo as súas planchas gravadas.

Datas. Sábados 11 e 18 de febreiro de 2017.

Horario. De 17.30 a 19.30 horas.

Alumnado. Nenos e nenas de entre 7 e 12 anos que gocen das actividades creativas.

Prazas limitadas. 15 persoas.

Prezo. 35€ (2 sesións, 4 horas).

Inscrición. Ata o 9/2/2017

+info