Taller de Samaín na Cruz Vermella

A Cruz Vemella da Coruña levará a cabo un taller de Samaín organizado para menores de entre 5 e 10 anos de idade. A actividade terá lugar o

Image

xoves 31 de 17.00h a 20.00h. no edificio da entidade, situado na R/Cruz Roja Española Nº1, 3º andar.

A actividade consistirá na elaboración dun taller lúdico, no que se levarán a cabo xogos, manualidades e haberá unha merendola terrorífica.

O obradoiro é totalmente gratuito e o único requisito para participar é cubrir unha autorización para a actividade, así como acudir disfrazados

Para máis información e inscricións:

Cruz Roja Juventud

Tf. 981 221 000 ext. 38411-38433

e-mail: crjjuv@cruzroja.es

Facebook: Cruz Roja Juventud A Coruña