Proxecto 'Alcer 7 vidas'

Image

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (Alcer Coruña), nada no ano 1976, é unha entidade que persegue a mellora na calidade de vida, participación e independencia das persoas con Enfermidade Renal Crónica (ERC), trasplantadas de órganos e de todas aquelas persoas con enfermidades crónicas en xeral, a través de asistencia e información.

Entre as súas funcións, atópase a de levar a cabo accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e tecidos mediante o servizo “Alcer 7 vidas” impartido na actualidade polo traballador social e a terapeuta ocupacional que traballan na entidade. Este servizo caracterízase pola busca na sociedade da normalización de todo o proceso referente á doazón de órganos como xesto humano que permite dar vida ás persoas que estén á espera dun trasplante.

Alcer Coruña presenta o programa co fin de poder desenvolvelo nos centros educativos cos nenos e nenas que cursen entre 6º de primaria e 1º/2º da ESO, cos profesionais dos centros e/ou incluso cos familiares do propio alumnado. Ademáis, e independentemente dos centros educativos, Alcer Coruña tamén propón levar a cabo este proxecto de sensibilización en calquera outro espazo ou actividade que se desenvolva no concello para o público en xeral.

O programa Alcer 7 vidas dispón dos seguintes recursos:

  • Instrumentos:
    • Unidades didácticas para os centros educativos: Proxecto Salvavidas
    • Trípticos e dípticos para promoción da doazón e transplante de órganos.
    • Carteis de Alcer Coruña
    • Rexistro de datos das actividades
  • Recursos humanos:
    • Traballador social
    • Terapeuta ocupacional
  • Recursos materiais:
    • Material corporativo de Alcer Coruña
    • Aula
    • Proxector
    • Ordenador con conexión a internet

Acceso á web de AlcerCoruña