Programa de "inmersión lingüística"

Resolución de 29 de decembro de 2016 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se convocan axudas destinadas a alumnado de sexto curso de Educación Primaria e segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun programa de "inmersión lingüística" durante a primavera de 2017.

Beneficiarios/as:

Alumnado matriculado en 6.º curso de Educación Primaria e Segundo de E.S.O. que durante o presente curso 2016/2017, teñan obtido, como mínimo, "notable" como nota media do curso 2014-2015 e "notable" como nota final na asignatura de inglés no mesmo curso, así como non ter sido beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.

Finalidade:

Convocar, para a súa concesión en réxime de concorrencia competitiva, 126 axudas para grupos de alumnos de 6.º curso de Educación Primaria e 84 axudas para grupos de alumnos de 2.º E.S.O., co fin de participar nun programa de inmersión en lingua inglesa, entre os meses de abril e xuño de 2017 e realizarase, en réxime de internado, en períodos semanais, de domingo pola tarde a sábado pola mañá.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 6 de febreiro de 2017

Acceso ao BOE