Exposicións itinerantes do CEIDA

Image

O CEIDA ten a disposición de todos os centros educativos, universidades, concellos, outras institucións ou colectivos interesados o programa de exposicións en préstamo, que consta de once mostras que recollen algúns dos problemas ou aspectos ambientais máis relevantes dos nosos días. O programa está deseñado co obxectivo de fomentar e facilitar a realización de actividades de carácter ambiental en todo o territorio galego, e provocar, con elas, a reflexión necesaria na cidadanía.

A cesión das exposicións itinerantes é gratuita, durante un prazo de 3 semanas, mais os portes de transporte, carga ou montaxe corren por conta da entidade solicitante. Pode consultar as exposicións que actualmente se atopan dispoñibles na seguinte ligazón:

http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/exposicions-emprestito.html