Exposición Romanorum Vita. Unha historia de Roma na Coruña

Image

Do 26 de maio ao 30 de xuño de 2017, o alumnado dos centros educativos poderá visitar a exposición Romanorum Vita. Unha historia de Roma na Coruña situada na Explanada do Pavillón de Deportes de Riazor.

A exposición está organizada pola Obra Social 'A Caixa' e o Concello da Coruña.

Que conta a exposición?

Romanorum Vita é unha exposición de divulgación histórica pensada para todos os públicos que formula unha experiencia de inmersión na vida cotiá dunha cidade romana da época Imperial co obxectivo de espertar o interese do visitante polo mundo romano. A exposición permite mostrar e experimentar os elementos esenciais dunha rúa e dunha domus romana, transmitir a importancia e autonomía das cidades no Imperio Romano.

A visita á exposición

Ofrécense visitas guiadas adaptadas ao nivel educativo do alumnado

Capacidade: 25 persoas, máximo recomendado por grupo.

Duración: aproximadamente 1 hora.

No blog da exposición encontrarás toda a información sobre esta,www.romanorumvita.com

E non perdas...

O próximo 26 de maio ás 17 h farase unha sesión de presentación da exposición na carpa situada na Explanada do Pavillón de Deportes de Riazor.

Para reservar a visita á exposición coa escola deberase chamar ao teléfono 902 906 666

Esta actividade é gratuíta