Estrea da curtametraxe "Corazón amoratado" o vindeiro día 22 de febreiro ás 19.30 no Centro Ágora.

Dende a Sección de Servizos Sociais queremos recordarvos que a estrea da curtametraxe "Corazón amoratado" terá lugar o vindeiro día 22 de febreiro de 2017 ás 19.30 horas no Centro Ágora, sito no Lugar da Gramela número 17, A Coruña.

Esta curtametraxe está basada no guión gañador do Concurso de guións contra a violencia de xénero do ano 2015 convocado pola Área de Igualdade da Deputación.

O xurado destacou neste guión a súa orixinalidade, claridade e capacidade de xerar reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero, obxecto principal da convocatoria.

Así mesmo o guión traballa o debate e mobilización, reflexionando sobre a necesidade de combater e denunciar a violencia de xénero, traspasando a responsabilidade social do ámbito privadó o ámbito familiar, facendo partícipe a toda a sociedade da denuncia e condena deste tipo de feitos.

As gañadoras deste premio foron alumnas do I.E.S. Puga Ramón que agora nos presentan o resultado do seu traballo, unha curta onde reflexionar sobre a realidade da violencia de xénero. A curtametraxe está producida pola productora Correlo Films.