Do, Re, Bip. Concertos didácticos

Image

Do, Re, Bip é unha nova maneira de presentar os concertos didácticos de sempre, os sons de onte, hoxe e mañá, da man dos mellores proxectos e intérpretes de Galicia dedicados a difundir a música entre os máis novos. O programa, organizado polo MAC e comisariado por Sinsalaudio, continúa este curso unha serie de intervencións nas que ensinaremos a grandes e pequenos novas ferramentas dixitais para xogar, tocar e aprender outros itinerarios sonoros. Ven e descobre as nosas sesións BIP!

Vaia circo!
Odaiko | 4 de decembro de 2016 | 12.30h
Un espazo circense, no que a percusión será o medio utilizado para realizar as acrobacias. Baquetas que voan, instrumentos manufacturados e virtuosa música en directo, son os elementos que fan deste circo un espectáculo no que o público interacciona espontaneamente e achégase ao fabuloso mundo da percusión.

Pedro e o lobo
Quinteto InVento | 18 de decembro de 2016 | 12.30h
Flauta, oboe, clarinete, fagot e trompa representan aos entrañables personaxes do divertido conto musical de Prokófiev, unha obra mestra para nenos/as (e non tan nenos/as).

Unha semana do pequeño Elfo “pecha-ollos”
Artres | 15 de xaneiro de 2017 | 12.30h
Música, pintura e literatura danse a man para interpretar, ver e escoitar un dos contos infantís máis bonitos de Hans Christian Andersen.

Xogo de pillabáns
Zoar Ensemble | 29 de xaneiro de 2017 | 12.30h
Un espectáculo inspirado na obra de Cervantes “Rinconete e Cortadillo”, na que se narra as aventuras e peripecias de dous mozos.

+info