Cursos preparatorios para as probas Celga 2017

Resolución do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Os cursos do nivel 1 impartiranse na modalidade de teleformación. Na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) anunciarase, o mesmo día da publicación desta resolución, a súa convocatoria específica.

Os cursos dos niveis 2, 3 e 4 impartiranse na modalidade presencial nas datas, lugares e horarios recollidos no anexo II.

Destinatarios/as dos cursos

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

Na Coruña haberá dous cursos:

  • Curso preparatorio para o Celga 3 no IES Salvador de Madariaga (rúa Paseo de Ronda, 49). O curso será de luns a venres do 18/4/2017 ao 7/6/2017 das 19.00 ás 21.00 h.
  • Curso preparatorio para o Celga 4 no IES A Sardiñeira (avenida da Sardiñeira, 41). O curso será de luns a venres do 18/4/2017 ao 7/6/2017 das 19.00 ás 21.00 h.

Os prazos para solicitar estes cursos rematan o 28 de marzo. Tanto a convocatoria como os formularios de solicitude dos cursos presenciais están ao voso dispor na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e no Portal da Lingua Galega (http://www.lingua.gal).

Para máis información, podedes consultar o DOG do 8 de marzo ou a páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.