Concurso para a elaboración da exposición sobre as Letras Galegas 2014

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha

Image

exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2014, Xose Mª Díaz Castro, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Poderán participar todos os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Estableceranse dúas categorías: para os centros de Ed. infantil e primaria e para os centros de Ed. secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.

Os traballos serán orixinais e inéditos e constarán de 10 carteis de 70x50 cm que terán que ir acompañados por unha serie de actividades que guíen a súa observación e cunha guía cuxa extensión non supere as 20 páxinas.

A técnica a utilizar é libre e os traballos pódense presentar a cor.

O premio para cada unha das categorías será de 2.500€