Campamentos de Nadal 'Contos do revés'

Image

Esta proposta de campamento urbano no Fórum Metropolitano e no centro Ágora levarase a cabo nas datas non lectivas de Nadal.

A través destes campamentos que lavan o nome de 'Contos do revés' levarase a cabo unha homenaxe a Roal Dahl (Cardiff, 1916-Oxford, 1999) polo 100 aniversario do seu nacemento.

Este novelista galés de ascendencia norueguesa, é un famoso escritor tanto para nenos como para adultos do que os seus libros máis populares son Charlie e a fábrica de chocolate, Yago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá Muá.

  • Dirixido a: nenas e nenos nados entre 2004 e 2012, agrupados por idades.
  • Datas: Os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2017.
  • Inscricións: Na conserxería do Fórum Metropolitano ou de Ágora, a partir do 28 de novembro, ata cubrir as prazas, é necesario facer a inscrición no centro no que se desexe realizar o campamento. En horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir as prazas, 50% en horario de mañá (55) e 50% en horario de tarde (55). Admitiranse 3 fichas por persoa, excepto no caso de ser irmáns, no que se recollerán todas as fichas. Número de prazas: 110 nenas/os por centro, distribuídos en 6 grupos e agrupados por idades.
  • Horario: desde as 10.00 ás 14.00 h, os días indicados. Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar: de 9.00 a 10.00 h.
  • Prezo: campamento: 35 € - Coa ampliación horaria: 40 €
  • Contacto:

    Fórum Metropolitano: 981 184 293

    Centro Ágora: 981 189 888

Fonte: Concello da Coruña

Dossier Campamentos 2016