Campacole Semana Santa 2017: 'A volta ao mundo en catro días'

Image

Nesta viaxe fantástica, gozaremos e coñeceremos catro lugares de ensoño dos diferentes continentes, así como a súa cultura, os seus monumentos e edificios máis emblemáticos, os seus costumes, gastronomía, etc. Ademáis, teremos que averiguar a súa localización no mapa e cales son os medios de transporte que teríamos que empregar para chegar ata eles.

Duración:

O campamento levarase a cabo os seguintes días: 10, 11, 12 e 17 de abril de 2017

Participantes:

Nenas e nenos de Ed. Infantil e Primaria, matriculados nos CEIPs públicos do Concello da Coruña, tendo preferencia os escolares do CEIP que é sede e que formalicen a inscrición o día 27 e 28 de marzo.

Horario:

De 10:00h a 14:00h. Este horario poderase ampliar cos seguintes servizos:

  • Madrugadores (sen almorzo): a partires das 8:30h
  • Comedor: desde as 14:00h até as 15:30h, podendo saír desde as 15:00h

Cota:

  • Campamento: 25€
  • Madrugadores (sen almorzo): 5€
  • Comedor: 20€

Prazas:

O número de prazas ofertadas para o campamento será dun mínimo de 15 escolares e 10 nos servizos de madrugadores e comedor. O máximo será de 45 escolares. No caso de non chegares o mínimo esixido, devolveríase a cota aboada

Inscrición:

Días:

  • 27 e 28 de marzo. Só os matriculados no CEIP que é sede
  • 29, 30 e 31 de marzo: Calquera escolar matriculado noutro CEIP do Concello.
  • Horario: de 9:00h a 9:30h e de 16:00h a 16:30h
  • Lugar: no local da ANPA

Sedes:

  • CEIP ANXO DA GARDA.
  • CEIP MANUEL MURGUÍA
  • CEIP SAN PEDRO DE VISMA.
  • CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE.
  • CEIP ZALAETA

+ INFORMACIÓN

Federación Provincial de ANPAS

Rúa Orzán, 21 – 15003 A CORUÑA

E-mail: ocio@fedapascoruna.org

Web:www.fedapascoruna.org

Tel.: 981 202 002 / 981 201 877