Actuacións de sensibilización que fomentan a interculturalidade en centros educativos

Image

A Fundación Radio ECCA, en colaboración co Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o Fondo de Asilo, Migración e Integración da Unión Europea, organizan o proxecto de Actuacións de Sensibilización que fomentan a Interculturalidade en centros educativos.

Dirixido a persoas que traballan directamente con escolares, o proxecto propón unha participación que constará de dúas fases:

  • Formación con dous cursos online (gratuitos), que se poden realizar comodamente a distancia:

DIVERSIDADE E MEDIACIÓN INTERCULTURAL

A MIGRACIÓN NO MUNDO GLOBAL

75 horas de formación

  • Intervención nas aulas ou actividades que se realicen con escolares, para poñer en práctica a aprendizaxe e os recursos adquiridos nos cursos. Realizando unha actividade/xornada.

Os requisitos para participar no programa e superalo son:

  • Ser educador ou educadora con interese en fomentar a interculturalidade e a aceptación da diversidade no contorno social.
  • Cubrir a ficha de inscrición e remitila a esta mesma dirección de email: a.fernandezd@radioecca.org xunto co dni.

Para máis información visita o portal do curso Actividades de sensibilización que fomenten a interculturalidade en centros educativos.