Actividades da Fundación Mª José Jove

XII Festival de Títeres María José Jove

Image

A Fundación Mª José Jove e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña presentan unha nova edición do Festival de Títeres Mª José Jove, dirixido ao público familiar nunhas datas tan sinaladas como son as Festas de Nadal, entre os días 26 e o 30 de decembro.

O Festival de Títeres Mª José Jove desenvólvese en dúas sedes:

  • Fundación Mª José Jove, con 5 funcións programadas para as 17.00 horas
  • Fórum Metropolitano, con 5 funcións programadas para as 19.00 horas

Este ano o festival cumpre a súa 12ª edición e segue co obxectivo de fomentar as artes escénicas en pequeno formato, congregando ás mellores compañías do ámbito nacional e internacional e fomentando así o lecer en familia.

Prezos:

  • Entrada individual: 3€
  • Abono familiar: 6€
  • Gratis: nenos e nenas menores de 3 anos que non ocupen asiento

Programa do Festival

Ludoteca de Nadal 2016: 'Xogando polo mundo'

Image

Un ano máis a Fundación Mª José Jove, convoca a súa ludoteca de nadal, este ano baixo o título 'Xogando polo mundo'.

Durante esta actividade convertirase ás persoas participantes en intrépidos e intrépidas exploradores e exploradoras que aprenderán das vidas de diferentes pobos e culturas. A aventura comezará cargada de curiosidade, coñecementeo, creación, arte, diversión e acción.

Temáticas dos obradoiros:

  • Os transportes
  • O medio natural e a xeografía
  • Expresión artística: música, baile, pintura...
  • Gastronomía
  • Festas, tradicións e xogos populares
  • Historia

Dirixido a:

Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos

Data e lugar:

Fundación Mª José Jove

26, 27, 28, 29 e 30 de decembro; 2,3, e 4 de xaneiro

Inscrición:

A partir do 12 de decembro

Matrícula:

  • Ordinaria: 20€
  • Gratuíta: nenos e nenas con algún tipo de diversidade funcional

+ info

A-prendarte (A arte como ferramenta educativa)

Image

A-prendarte ou a Arte como Ferramenta Educativa, está dirixido por Carmen Pomar, directora da Unidade de altas Capacidades da USC, e por Estíbaliz Veiga, pedagoga teatral e actriz.

Este proxecto vai dirixido a docentes e profesionais da educación que desexen mellorar as súas habilidades de formación co obxectivo de favorecer a intelixencia emocional e o pensamento creativo entre o alumnado.

Este novidoso programa ten como obxectivo favorecer a intelixencia emocional e o pensamento creativo. Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia e distribuirase en cinco módulos formativos ao longo dos meses de xaneiro a xuño de 2017.

Obxectivos:

  • Traballar a empatía e a intelixencia emocional
  • Favorecer as habilidades sociais
  • Aprender a observar e a buscar máis alá da obviedade
  • Desenvolver habilidades por parte do profesorado para detectar o talento no alumnado

Módulos:

  • Antropoloxía e socioloxía
  • Artes plásticas
  • Fotografía
  • Danza
  • Canto

Calendario:

Do 10 de xaneiro a xuño de 2017.

Martes de 14.45h a 20.45h na Sede da Fundación

+info