Actualidade

  • Imagen como Icono Teatro infantil: Erori de Cair Circo
    Neste espectáculo mestúranse as acrobacias coas coreografías de danza e malabar. Venres, 27 de abril, ás 20:00h no Centro Ágora da Coruña. Pídese puntualidade ou non se poderá acceder á sala. Entrada: 9€.
  • A biblioteca coruñesa Miguel González Garcés, co Día do Libro Infantil
    Organiza mostras bibliográficas para conmemorar esta efeméride: "Os contos de sempre", na Sala Infantil, e "Premios literarios" e "Cervantes e o Quixote nos cómics", na Planta Baixa. Ata o luns 30.
  • II Xornadas Internacionais de Educación Ambiental do CEIDA
    O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia está a celebrar estas xornadas, dirixidas a profesionais do ámbito da xestión ambiental e profesorado, en Oleiros. Ata o venres 27.
  • Campamentos de verán no Ágora e no Fórum Metropolitano
    Os campamentos desenvolveranse do 25 de xuño ao 31 de agosto. As inscripcións deben realizarse do 2 ao 4 de maio. Prezo: 35€ por participante e quenda. Ampliación de horario: 5€.
  • Convocada a selección de centros para o Programa Educación Responsable
    Os centros públicos de educación infantil, primaria e secundaria xa poden incorporarse á vindeira edición deste programa (curso 2018/2019). Prazo de solicitude ata o 28 de maio.
  • Bebescena: Jardín Secreto
    Espectáculo para público de 1 a 3 anos. Domingo 22 de 11.30 a 13.00h, Centro Ágora. Solicítase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala. Entrada: maiores de 3 anos, 6€, e menores, 2€.
  • Concerto solidario de “Amizades”
    Esta agrupación nace pola inquietude dunha serie de persoas de relevo profesional e social da cidade da Coruña e que comparten a súa afección pola música e o labor social, cultural e humanitario. Centro Ágora, venres 20. Entrada: 8€
  • Exposición “Stemlab Galicia”
    Trátase da maior feira educativa na Comunidade na que se mostrará o excelente labor dos centros galegos a prol da ciencia, a enxeñería, a tecnoloxía e a matemática. Require inscrición previa. Palacio de Congresos (Santiago), viernes 20.
  • Falando a boca chea: Caxoto
    Sesión de contacontos para nenos e nenas de entre 2 e 4 anos a cargo de Caxoto. A cita é de 18.00 a 19.00 horas na biblioteca do Forum Metropolitano o venres 20. Os interesados en asistir deben inscribirse previamente.
  • Imagen como Icono Xornadas de portas abertas no Buque Oceanográfico Ramón Margalef
    Membros da tripulación explicarán ao público asistente o funcionamento dos aparellos de mostraxe. Do 17 ao 19 no peirao de transatlánticos do porto da Coruña, en horario de 16:00 a 18:30 horas.