Actualidade

  • Xornada de portas abertas: Coñecendo a Sal Lence

    Será o martes 19 de xuño, de 10:00 a 17:00 horas. A través dunha exposición, mostrarase a súa vida en viñetas, os seus títulos académicos ou diversas referencias documentais, entre outros.

  • Imagen como Icono Convocatoria de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo para o curso 2018/2019
    Dirixido ao alumnado de 4º da ESO, 1º de bacharelato e formación profesional. O prazo de inscrición finaliza o vindeiro 22 de xuño de 2018.
  • Imagen como Icono Xornadas: A Transición a debate
    Do 18 ao 20 de xullo na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. Entre outros puntos, analizarase a Transición en Galicia e o papel dos medios de comunicación e do cine nesta época. Límite de participantes de 120 persoas.
  • Imagen como Icono Casares, imaxe e cine (dúas miradas)
    Exposición con medio cento de fotografías realizadas por Carlos Casares ao longo da súa vida e algúns dos retratos tomados no ámbito familiar e dos amigos. Do 12 ao 27 de xuño, na Casa Museo Casares Quiroga.
  • Imagen como Icono Programa Acércate 2018
    Co obxectivo de achegar a investigación biomédica á mocidade. Para estudantes de ensino secundario no segundo curso de bacharelato, na modalidade de Ciencias, con nota media de 10 ou Matrícula. Solicitude ata o 8 de xuño.
  • Imagen como Icono “Contádenos o voso Día das Letras”
    Concurso convocado pola Real Academia Galega, a través do proxecto web Primavera das Letras. Premiaranse proxectos desenvolvidos nos centros educativos co alumnado de infantil e primaria. Recepción de proxectos ata o 22 de xuño.
  • Imagen como Icono Audición de frauta
    O venres 1 de xuño o alumnado de frauta da profesora Alicia Valle dará unha audición na Aula Magna da Escola Municipal de Música (A Coruña) a partir das 19:45 horas.
  • Imagen como Icono Proxectos de inclusión social a través das artes
    Conferencias e mesa redonda dentro do VII Encontro Artes pola Integración. Mércores 30, de 17.00 a 20.00 horas, no Teatro Rosalía de Castro. Entrada libre ata completar a capacidade.
  • Imagen como Icono Biblioteca Verde: SIMPLEmente Aliméntate
    Os fundadores de V de Vexetal organizan unha xornada para promover hábitos de vida saudables. Na Biblioteca Municipal Os Rosales, o mércores 30, ás 19.00 horas. Require inscrición.
  • Logo DOG Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/19

    A Orde do 9 de maio de 2018 tamén regula a participación no fondo solidario de libros de texto.