Actualidade

  • Imagen como Icono Parques Biosaudables - Coruña en Forma
    Actividade física que se celebra os luns, martes, xoves e venres do mes de xullo, nos Parques biosaudables da cidade. De 10.00 a 11.00 horas. Gratuíta, sen límite de idade.
  • Imagen como Icono Debuxando ao alén
    Exposición interactiva de Ana Juan, que nos aproxima ao universo creativo desta ilustradora recoñecida internacionalmente. Ata o 29 de xullo en Palexco, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.
  • Imagen como Icono Euro Hockey 2018
    O 53 Campionato de Europa Masculino de hóckey sobre patíns estase a celebrar na Coruña ata o domingo 22. Prezo de entrada diaria: 10€. Pazo dos Deportes de Riazor.
  • Imagen como Icono Exposición de pintura: [In]Completo
    Mostra intimista do pintor pontevedrés Miguel Melero. Paisaxes con mar e area e anacos de conversas entre as copas, os vasos e as botellas. Ata o 5 de agosto, na Casa Museo de María Pita. Acceso gratuíto.
  • Imagen como Icono Obradoiros didácticos de verán
    Para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Ata o 18 de agosto, os sábados, no museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón. Inscrición previa por orde de chamada ata completar prazas. Duración aproximada: 1h 30min - 2h.
  • Imagen como Icono Exposición “Corpo Natura”
    Con esta mostra, Gimena Berenguer invita á reflexión: "Non existe etiqueta máis baleira de realidade que a de discapacidade e discapacitado. Discapacitado, por que? Para que? Para quen?". Ata o 31 de xullo, no Centro Ágora. Entrada libre.
  • Imagen como Icono Rock School Coruña
    Concerto informal e roqueiro onde o alumnado de diferentes instrumentos (guitarra, batería, baixo, teclado, voz ou ukelele) mostrará sobre o escenario os avances de aprendizaxe. Prezo 4 €. Domingo 15, ás 16.30 horas, na Sala O Túnel.
  • Imagen como Icono Despertares. Dende o imposible
    Espectáculo de teatro inclusivo con 18 actores e actrices con e sen diversidade funcional. Xoves 12, ás 19.30 horas, no Centro Ágora. Inclúe tamén un coloquio co público para poder realizar a inclusión co espectador e retroalimentar a experiencia.
  • Imagen como Icono Gala solidaria ADACECO: Pretérito Perfecto
    Coa presentación de “Pretérito Perfecto”. Mércores 11, ás 20.30 horas, no Centro Ágora. Tras a obra, actuarán as cómicas Marga Lago, Adelaida Pittaluga e Diana Sieira. Prezo: 5 €.
  • Imagen como Icono Festival benéfico da Asociación cultural Morriña
    Entrada con invitación canxeable por utensilios de aseo e baño e alimentación. Acción solidaria a favor de Padre Rubinos. Será o sábado 7, ás 20.00 horas, no Centro Ágora.