Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

NOCTURNIA. Programa de Ocio Saudable

Información xeral
Descrición

O programa de ocio saudable NOCTURNIA, que ofrece a Concellaría Participación e Innovación Democrática concibe un novo uso do chamado tempo libre, entendido como “unha vivencia gratuita e enriquecedora que sempre está contextualizada e relacionada cos nosos valores”.

Será un fin deste programa fomentar propostas de lecer participativo, socioeducativo, de carácter lúdico e aberto nas que poder aproveitar o potencial educativo do ocio para:

  • Xerar procesos lúdico educativos que favorezan o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
  • Favorecer o achegamento a novas propostas artísticas, deportivas, formativas, etc… co fin de espertar novos intereses e aficións
  • Fomentar o uso e a optimización dos recursos municipais e equipamientos urbanos.
  • Favorecer a implicación e involucración do tecido asociativo da cidade, así como, das entidades de ámbito sociocultural.
  • Motivar a formación dun grupo de mediadores/animadores juveniles dotándolos los instrumentos y herramientas necesarias para intervenir en la comunidad en materia de ocio alternativo y prevención de consumo de sustancias.

O programa preséntase, durante o ano, en tres edicións durante 10 meses, nas que se ofertan arredor de 4.000 prazas en actividades multidisciplinares gratuitas para a xuventude.

Durante os meses previos á realización do programa, realízanse convocatorias dirixidas a colectivos, entidades e ao público en xeral a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Mocidade, para que participen na elaboración e deseño da proposta, xerando así un proxecto global de paticipación xuvenil.

As actividades propostas artellan os catro eixos nos que xira o programa: ámbito deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo.

Persoas destinatarias

O programa Ocio Saudable Nocturnia vai dirixido a mozos entre 12 e 30 anos.

Nas últimas edicións hai unha vontade de desenvolver e reforzar actividades dirixidas específicamente ao tramo que vai desde os 12 aos 17 anos, nas que o modelo de lecer nocturno non está consolidado, dando prioridade á educación para o ocio e creando un abanico de posibilidades que lles permita nun futuro diversificar as súas opcións e contar con máis alternativas para o seu tempo libre. Estas actividades concéntranse en horarios máis tempranos ou diurnos, tratando de conxugalas co seu público obxectivo.

Período de realización

Nocturnia consta de dúas edicións repartidas ao longo do ano na forma que se expón a continuación:

1ª Edición: de febreiro a xullo/agosto

2ª Edición: de outubro a decembro

Horario

As actividades de Nocturnia desenvolvense durante a fin de semana, en horario diurno e nocturno.

Custo

O coste é gratuito para as persoas participantes inscritas previamente nas actividades.

Inscrición alumnado

Cada edición do programa conta co seu proceso específico de inscrición.

Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal e realizase a través da web www.coruna.es/cmix, no apartado do programa.

No programa de cada edición aparecerá indicado o prazo de inscrición en cada actividade. A inscrición permanecerá aberta das 16.00 h do día indicado no que se abre a inscrición, até o día sinalado no folleto ás 12.00 h ou até esgotar prazas

Novidades para este curso

Máis información

Toda a información do programa pode atoparse en diferentes medios e formatos facilitando o acceso a información a todas as persoas destinatarias.

Información soporte 2.0

Web de información: www.coruna.es/cmix e www.coruna.es/participacion

Facebook: Nocturnia Concello da Coruña

Twitter: @NocturniaCoruña

Información soporte físico

A cartelería e folletos do programa está dispoñible en:

  • Centro Municipal de Información Xuvenil
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís
  • Ágora Centro Sociocultural
  • Forum Metropolitano
  • Rede de Centros Cívicos Municipais
  • Rede de Bibliotecas Municipais
  • Palacio dos Deportes de Riazor
  • Cidade Deportiva da Torre de Hércules
  • Rede de instalacións Deportivas Municipais
  • Centros de Educación Secundaria Obligatoria
  • Centros de Formación Profesional
  • Universidade da Coruña
  • Tecido asociativo da cidade
  • Webs informativas
Centros onde se oferta

As actividades realizanse en diferentes espazos segundo a súa natureza, co fin de achegar a todos os barrios da cidade as diferentes propostas enmarcadas en nocturnia. Algún dos espazos nos que se desenvolven as actividiades son:

  • Espazo de Iniciativas Xuvenís
  • Ágora Centro Sociocultural
  • Fórum Metropolitano
  • Palacio dos Deportes de Riazor
  • Cidade Deportiva de Riazor
  • Polideportiva San Francisco Xabier
  • Polideportiva Novo Mesoiro
  • Centro Cívico Nova Boandanza
  • Centro Cívico Os Rosales
  • Centro Cívico San Pedro de Visma
  • Biblioteca Infantil e Xuvenil
  • AC Manicómicos (espazo)
  • Alamacabra (espazo)
  • Praia do Orzán
  • Praia de Oza
  • Espazo urbanos_Cidade Vella
  • Espazos urbanos_parque de Santa Margarita
  • Espazos urbano_Paseo Marítimo
Entidades colaboradoras

Algunhas das entidades que veñen de colaborar nas últimas edicións de Nocturnia son:

  • Asociación Cultural Draco
  • Asociación Movemento Xove
  • Asociación Coruñesa de Jugger
  • Asociación Coruñesa de Skaters
  • Asociación Cultural Manicómicos
  • Asociación Cultural Xiradoira
  • Asociación Cultural Scénica
  • Asociación Cultural Capoeira Coruña
  • Colectivo Los Duguis Impro
  • Scouts Ahadi
  • Colectivo Precicla
  • Asociación Deportiva e Cultural Alquimia
  • Asociación North Element
  • Asociación Polbo Ultimate
  • Club de Esgrima 100Tolos
  • Sociedade Deportiva As Xubias
  • Club de Patín Brigantium
  • Colectivo Zumba Galicia
  • Club de Aikido Mancontro
  • Centro Quérote+
  • Cruz Vermella Xuventude
  • Colectivo TocaMadera
  • Colectivo Argallando Mil
  • Brigantias Roller Derby
  • Rollers Coruña
  • Asociación Vella Escola
Inscrición
Inscrición alumnado

Cada edición do programa conta co seu proceso específico de inscrición.

Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal e realizase a través da web www.coruna.es/cmix, no apartado do programa.

No programa de cada edición aparecerá indicado o prazo de inscrición en cada actividade. A inscrición permanecerá aberta das 16.00 h do día indicado no que se abre a inscrición, até o día sinalado no folleto ás 12.00 h ou até esgotar prazas

Contacto
Información de contacto

Patricia Lesta Zas

xuventude@coruna.es

Tel. 981. 184. 200 Ext. 12046

Para o envío de preguntas, suxestións e propostas, habilítase o seguinte enderezo electrónico:

nocturniacoruna@gmail.com