Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Espazo de Iniciativas Xuvenís [ EIX ]

Información xeral
Descrición

Espazo de Iniciativas Xuvenís da área de Mocidade da Concellaría de Innovación e Participación Democrática está diseñado para que a xuventude teña espazos axeitados en que desenvolver propostas, proxectos ou iniciativas desde e para as mozas e mozos cos recursos necesarios.

Na dinámica de funcionamento do EIX, ademais de proporcionar un espazo coordinado, dinamizado e controlado, preténdense ofrecer accións formativas, creativas, xuntanzas, posibilidade expositiva... así como reforzar sinerxias non só entre usuarios e usuarias do espazo, senón tamén con proxectos similares e con eventos para a xuventude no ámbito local.

O equipamento conta dúas salas de usos múltiples a modo de espazos comúns, abertos, dinámicos e polivalentes dotados con WI-FI e dous puntos de consulta en internet así como dun taboleiro de información xuvenil. Ademais, conta con mobiliario móbil e multiusos, proxector e pantalla, megafonía e equipo de son… o que reforza a idea de espazo polivalente proporcionando cabida a unha tipoloxía variada de propostas.

Persoas destinatarias

Xuventude, entre 12 a 30 anos, a título individual ou en forma de colectivo non formal, asociacións xuvenís, culturais, etc, entidades prestadoras de servizos á mocidade e colectivos ou entidades que desenvolvan proxectos ou actividades de interese para a mocidade.

Condicións do programa

Na actualidade, o EIX acolle desde programas de actividades de ocio saudable durante a fin de semana ata accións de formación complementaria para a xuventude.

Enmarcanse neste espazo programas municipais , así como charlas e conferencias con temática e interese para a xuventude que se veñen realizando con carácter puntual por parte de organismos públicos e entidades do tecido asociativo da cidade con intenso traballo no ámbito xuvenil.

Contacto
Información de contacto

Patricia Lesta Zas

981.184.200 Ext. 12046

xuventude@coruna.es