Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Ensaios Xerais Abertos

Información xeral
Descrición

O alumnado asiste a unha das partes dos ensaios xerais da OSG que se celebran o mesmo día ou o día anterior ao concerto da programación de tempada da OSG, no Palacio da Ópera.


Persoas destinatarias

Os ensaios xerais abertos están ofertados ao alumnado de ESO e Bacharelato.

Prazas limitadas máximo, 500 alumnos

Período de realización

O calendario de ensaios xerais programados para este curso farase público o 15 de setembro na web www.sonfuturo.com

Condicións do programa

ADXUDICACIÓN.

  • A adxudicación dos concertos realizarase segundo os criterios fixados polo Servizo Municipal de Educación e o Departamento Didáctico da OSG e a limitación de aforamento.
  • Unha vez adxudicados os concertos comunicaranse aos centros mediante correo electrónico.
  • A adxudicación dos concertos, o calendario dos mesmos así como a comunicación de calquera incidencia ou aclaración unha vez comezado o programa corresponde ao Departamento Didáctico da OSG.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA:

  • É obrigatoria a confirmación por escrito (mediante correo electrónico ou fax) antes do 6 de novembro da presenza ou ausencia a cada un dos concertos adxudicados, ao Departamento Didáctico da OSG.
  • O servizo de transporte correrá a cargo de cada centro docente.
  • O acceso ás salas de concertos realizarase por orde de chegada. Cada centro deberá comunicar a sua chegada ao persoal de seguridade ou no seu defecto ao persoal da OSG ubicado no acceso á sala.
  • As horas sinaladas son as de comezo do espectáculo polo que o alumnado deberá estar sentado na sala correspondente con antelación suficiente. Recoméndase a chegada dos grupos de alumnos, con polo menos, 15 minutos de antelación. Non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciado o concerto.
Horario

Levaranse a cabo ás 10:00h.

Dado que esta actividade se encadra dentro da actividade profesional habitual da Orquestra Sinfónica de Galicia, o horario de inicio da actividade pode verse atrasado en función das necesidades musicais da agrupación.
A duración estimada destes ensaios é de 50 minutos

Custo

Esta actividade é totalmente gratuíta para os grupos escolares. .

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro

Ficha de solicitude específica “SON FUTURO”

Do 15 ao 30 de setembro.

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro

Ficha de solicitude específica “SON FUTURO”

Do 15 ao 30 de setembro.

Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN:Consorcio para a Promoción da Música
Departamento Didáctico.
Palacio da Opera.
Glorieta de América, 3. CP. 15004
Teléfono: 981 25 20 21
Fax: 981 27 74 99
Enderezo electrónico: didacticos@sinfonicadegalicia.com
Páxina web: www.sonfuturo.com