Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa de dinamización lingüística "Falamos" (Educación Secundaria)

Información xeral
Descrición

Esta actividade estará constituída por un espectáculo musical de MJ Pérez e unha conversa distendida, sobre contidos sociolingüísticos, entre a propia MJ e mais Manuel Núñez Singala coas mozas e mozos participantes. A actividade durará 90 min e será gratuíta.

MJ Pérez é unha das novas voces do panorama actual da música galega e fusiona diversos estilos musicais co predominio do rock-pop. Comeza a tocar a guitarra aos 14 anos e a o pouco tempo compón os seus propios temas. Suma xa dous discos, “Ollos que non ven, síntoma de cegueira” e “Guerrilleira”, un auto-editado e o outro auto-producido, e estivo presente en festivais coma o Noroeste Pop Rock e circuítos musicais de Galicia, como o “I Certame de Canción de Autor en Galego” organizado polo Concello de Teo, do que foi finalista. Tamén acadou o segundo posto no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña. Agora para o 2017, MJ prepara o que será o seu terceiro disco “Casandra”. "Ai de Min!" é o tema que presentou como adianto e o videoclip está feito, gravado, producido e editado por ela.

Manuel Núñez Singala é o director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. É unha das persoas máis destacadas dentro do mundo da sociolingüística e da dinamización, sobre o que ten publicacións como: En galego, por que non?, Galaxia, 2009 e Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüismo na infancia e na idade adulta, Galaxia, 2017.

OBXECTIVOS

Darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega.

Eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na mocidade sobre o galego.

Persoas destinatarias

Esta actividade está dirixida ao alumnado dos IES e os CIFP concello da Coruña. Cada grupo participante deberá estar acompañado por unha persoa responsable do centro.

Período de realización

Este espectáculo desenvolverase o mércores 22 de novembro, no auditorio do Fórum Metropolitano. Haberá dous pases, un ás 9.30 h e outro ás 11.30 h.

A actividade durará 90

Custo

Gratuíto.

Inscrición alumnado

Para participar nesta actividade, cada centro deberá remitir, desde o luns 30 de outubro, un correo a lingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Nome e teléfono da/s persoa/s que van vir á actividade acompañando o alumnado.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso a que corresponden.

Inscrición
Inscrición alumnado

Para participar nesta actividade, cada centro deberá remitir, desde o luns 30 de outubro, un correo a lingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Nome e teléfono da/s persoa/s que van vir á actividade acompañando o alumnado.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso a que corresponden.