Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Museos Científicos Coruñeses

Información sobre as sedes

SEDES

CASA DAS CIENCIAS

Organízase en catro salas dedicadas a EXPOSICIONS INTERACTIVAS:

  • Na planta baixa están o Péndulo de Foucault, de 14 metros de altura, que mostra a rotación da terra; e a Incubadora na que cada día vese a eclosión de 10 ovos de galiña.
  • A Sala de experiencias onta cunha oferta de experiencias interactivas coas que explorar fenómenos relacionados coa luz, o movemento, o magnetismo, a percepción...
  • A segunda planta acolle a exposición sobre péndulos titulada Puro swing. A sala está chea de péndulos con experiencias como a de subir a unha randeeira moi especial, comprender o segredo do botafumeiro, ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
  • A astronomía como cha contan. Nova exposición interactiva na terceira planta que explora diversas formas de aprender sobre astronomía e exploración espacial a través dos medios de comunicación e as redes sociais. Planetas extrasolares, ondas gravitatorias, vida extraterrestre...

PLANETARIO DIXITAL. É unha sala inmersiva con capacidade para 79 persoas, que permite proxectar audiovisuais ou mostrar o ceo de parte do mundo en calquera momento. A oferta inclúe sesións en directo e proxeccións gravadas. Hai programas adaptados a cada idade, mesmo para menores de seis anos

Nesta sala ofrécense ademais as seguintes actividades para segundo ciclo de Primaria e Secundaria:

- Astronomía en directo. Unha sesión de planetario que comeza cunha explicación dos aspectos máis notables do ceo no día da visita, adaptada á idade do alumnado. A continuación, convídaselles a compartir as súas dúbidas e curiosidades nunha conversación ilustrada con todos os recursos visuais do planetario dixital.

OUTROS SERVIZOS: Na Casa das Ciencias os grupos escolares contan cunha consigna.

DOMUS

Está situada na Enseada do Orzán. Conta con case 200 módulos relacionados coa anatomía, intelixencia humana, fisioloxía, xenética, evolución, e outros aspectos que definen ao ser humano como individuo e como especie.

EXPOSICIÓNS

Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana. Unha rede de neuronas que se construíu coa participación de centos de escolares galegos, un xogo de coordinación que poñen a proba as capacidades motoras, unha mesa para dar renda solta á capacidade artística, un espazo para relaxarse e gañar unha partida de pimpón mental, un interactivo que mostra o interior do cerebro humano con tecnoloxía de realidade aumentada e moitas outras experiencias dan como resultado unha exposición para explorar a combinación única de intelixencias que caracteriza cada persoa.

TALLERES NA DOMUS:

1. maker@domus, o espazo da Domus para profundar na cultura "maker" e facer tecnoloxía coas túas propias mans.

Ofrécense os seguintes talleres:

circuítos@domus: experimentar con baterías, lámpadas, timbres, interruptores, e moitos outros compoñentes eléctricos, e así comezar a comprender o mundo da electricidade. Crearanse conexións eléctricas entre obxectos cotiáns e descubriranse conexións eléctricas e moi sorprendentes.

robots_pintores@domus: inventa o teu propio dispositivo a motor que se moverá das formas máis sorprendentes e debuxará os garabatos máis inesperados. Constrúese con elementos moi sinxelos e un motor que, ao vibrar, fai que o robot se mova pintando os trazos máis curiosos.

2. Laboratorio Aberto

Un espazo para vestir a bata de laboratorio, poñer as lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan os científicos no seu día a día, desde micropipetas a centrifugadoras, pasando por axitadores, básculas, tubos e moito máis. Ofrécense os seguintes talleres:

- Investiga a vacina do VIH. Experimenta se a vacina para a sida na que traballan os científicos de IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes. Bacharelato e Ciclos Formativos.

- A revolución biotecnolóxica. Transfórmate en biotecnólogo e participa na procura dunha diana para o tratamento contra a arteriosclerose. Educación Secundaria (3º e 4º ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos.

- Como se desenvolven os fármacos? Para participar na síntese dun novo fármaco que se está investigando para o párkinson. Educación Secundaria (3º e 4º ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos.

- Diseccións en directo. Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.

- Artistas da prehistoria. Un taller no que converterse nun artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados. Educación Primaria (3º a 6º) e Educación Secundaria (1º e 2º).

- ExploraDomus Escola. A cociña é un laboratorio de ciencia! Un taller para explorar a ciencia máis próxima. Educación Primaria (1º e 2º)

Información e reservas dos talleres do Laboratorio Aberto e da sala maker@domus:

- Entrando en www.mc2coruna.org/domus/

- Descargando o formulario de inscripción nas seccións Laboratorio Aberto ou maker@domus.

- Enviándoo a domus@casaciencias.org

- Máis información no 981 189 840

Cine 3D

A visita á Domus pode ademais incluír unha sesión de cine 3D. A película "Pequenos xigantes" revela a asombrosa vida dos animais máis pequenos, na que, grazas á forza inmersiva da tecnoloxía 3D, o público séntese transportado a un mundo no que experimentará a titánica batalla destas criaturas para sobrevivir.

OUTROS SERVIZOS: na Domus os grupos escolares contan cunha consigna e un recinto no que poden comer. Aínda que hai máquinas expendedoras de bocadillos e bebidas frías e quentes, a instalación está pensada para que os grupos tomen a comida que eles mesmos traian. A capacidade deste comedor é de 80 a 90 persoas.

AQUARIUM FINISTERRAE

Un centro de educación ambiental en cuxas salas de exposicións abórdanse cuestións como a dinámica das mareas, a flora e fauna dos ecosistemas litorais, o ciclo biolóxico de diferentes especies mariñas, e aspectos culturais e sociais relacionados co mar.

Por que o mar é azul? Por que pican as medusas? Onde viven os lagostinos? Que é a liña que moitos peixes teñen nos costados? Preto dun centenar de preguntas como estas, formuladas por escolares galegos, teñen resposta nos módulos interactivos da sala Maremagnum do Aquarium.

EXPOSICIÓNS

- "Muuultiplicaos. Unha exposición sobre acuicultura". Entre moitas outras actividades, propón darlle voltas a un tanque xiratorio con diferentes compartimentos para ver crías de especies de cultivo, como a robaliza, o linguado, o rodaballo ou o lumbrigante, ver un acuario con anguías, unha das primeiras especies cultivadas, e un gran tanque dedicado á chamada acuicultura multitrófica, un sistema de produción que busca imitar os ciclos naturais e que inclúe unha diversidade de especies mariñas, de tal modo que os produtos de refugallo dunhas son reciclados e utilizados por outras como fonte de alimento.

- Exposicións de fotografía de natureza na Sala Isabel Castelo. Durante o curso escolar 2017-2018 o contido da sala renovarase con dúas exposicións de fotografías de natureza.

- Exposicións de bioloxía mariña. O contido do tanque cilíndrico da Sala Maremagnum renovarase en dúas ocasións durante o próximo curso escolar para mostrar aspectos pouco coñecidos da bioloxía dos animais mariños que viven na costa galega.

Actividades para escolares NO AQUARIUM

1. Educación Infantil e Primaria

- Visitas guiadas. Un percorrido temático guiado polas diferentes salas do acuario.

2. Educación Secundaria

- Talleres experimentais na Charca das Caricias. Utilizando vídeos, instrumentos científicos e recursos dixitáis preséntanse aspectos curiosos da bioloxía dos peixes e invertebrados mariños do Aquarium.

3. Bacharelato

- Charlas en directo na Zona-i. Persoal científicos da Universidade da Coruña expón en directo os últimos resultados dos seus proxectos de investigación.

4. Todos os niveis educativos

- OceanoSfera. Trátase dun proxector esférico no que se simulan fenómenos naturais que suceden a escala global. Contén dous programas sobre os efectos do cambio climático.

- Alimentación de focas. Coincidindo co momento no que se dá de comer ás focas, impártense charlas sobre as características destes mamíferos mariños e sobre o adestramento veterinario que reciben.

- Falando con peixes. Luns, mércores e venres, ás 11:30 horas. É unha actividade especial durante a que se pode falar en directo coa persoa que bucea no tanque de Nautilus. Durante estas charlas trátanse cuestións sobre a bioloxía, acuarioloxía, conservación e mantemento biolóxico da fauna do Nautilus e, sobre todo, respóndese ás preguntas formuladas en directo sobre infinidade de asuntos relacionados co acuario e o seu funcionamento

- Visitas á zona técnica do Aquarium. Ofrécese a posibilidade de organizar visitas guiadas para grupos de 10-15 estudantes aos laboratorios e salas de filtración e corentena do Aquarium.

OUTROS SERVIZOS: no recinto hai unha tenda de recordos e unha cafetería con restaurante que ofrece comidas para grupos escolares (teléfono 981 217 682).