Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Obradoiros de educación para o consumo da OMIC

Información xeral
Descrición

A Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no eido do consumo. Dentro do programa “CORUÑA EDUCA” presentamos un conxunto de obradoiros prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo de educadores/as especializado no eido do consumo responsable e coordinado pola OMIC.

Os diferentes obradoiros están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, os responsables docentes poderán escoller os máis axeitados para o desenvolvemento curricular correspondente.

Ademais, os obradoiros compleméntanse con “Seminarios para Mestres” e “Charlas para nais e pais de alumnos”. Deste xeito toda a comunidade educativa participa no proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.

OBXECTIVOS:

O obxectivo da educación do consumidor é ensinar á cidadanía a destreza, a actitude e o coñecemento necesarios para vivir nunha sociedade baseada no consumo. Trátase dun compoñente fundamental da educación xeral, o cal debería apoiar ás persoas consumidoras á hora de tratar de organizar as súas vidas cotiás dunha maneira sustentable.

A educación a persoas consumidoras proporciona o coñecemento necesario para concienciar á cidadanía en comportamentos responsables e intelixentes nas súas relacións de consumo.

Os numerosos temas sobre a educación para o consumo pódense abordar con practicamente todas as materias de ensino e plans de estudo tradicionais.

DURACIÓN E LOCALIZACIÓN:

Cada obradoiro ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario lectivo (preferentemente polas mañás). É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o desenvolvemento da actividade.

A planificación das actividades realizásese pola OMIC coa persoa responsable da coordinación deste programa do centro educativo.

Os obradoiros poden ser realizados nos propios centros educativos ou ben nas instalacións da OMIC da Coruña. (R/ Costa da Palloza, 8). 

Este proxecto estrutúrase en sete grandes áreas que a continuación se relacionan:

1. ALIMENTACIÓN

1.1. Nutrición e dieta equilibrada

1.2. Alimentos funcionais

1.3. Etiquetaxe alimentaria

1.4. A lista da compra

1.5. Desperdicio de alimentos

1.6 Alimentos ecolóxicos

1.7 Froitas e verduras

2. CONSUMO CONSCIENTE, COLABORATIVO E RESPONSABLE

2.1. Consumo de auga no fogar

2.2. Don R que R: o xogo dos envases

2.3. Consumo ecolóxico

2.4. Comercio xusto

2.5. A banca ética

2.6. Comercio de proximidade

3. DEREITOS E DEBERES DAS PERSOAS CONSUMIDORAS

3.1. Reclamar na OMIC

3.2. Os dereitos das persoas consumidoras

4. PUBLICIDADE

4.1. Publicidade nos medios

4.2. Os nosos sentidos e o consumo

4.3. Publicidade "verde"

4.4. A publicidade dos alimentos

5. COMPRAS SEGURAS

5.1. A seguridade dos productos: material escolar

5.2. Comprar un xoguete

5.3. Seguridade no fogar

6. NOVAS TECNOLOXÍAS

6.1. Redes sociais

6.2. Comercio electrónico

6.3. Seguridade na Internet

7. OS MENORES E O CONSUMO

7.1 Construción de xoguetes

7.2 Xogar sen xoguetes

PERSOAS DESTINATARIAS

  • Alumnado de Educación Infantil
  • Alumnado de Educación Primaria
  • Alumnado de Educación secundaria obligatoria (ESO)
  • Alumnado de Bacharelato
  • Alumnado de Formación Profesional
  • Alumnado de Centros de Educación Especial

Persoas destinatarias

Alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Especial de todos os centros educativos da Coruña.

Período de realización

Curso escolar 2017 - 2018

Condicións do programa

O número máximo de participantes por grupos é de 25 (unha aula), en cada taller, acompañados de forma preceptiva por persoal do centro educativo.

A OMIC contactará coa persoa que conste como responsable do programa para concertar as datas e horas das actividades. Sobre as datas e horas acordadas co centro non se aceptará ningún cambio salvo causas xustificadas e acreditadas debidamente, para iso a OMIC remitirá ao correo electrónico do centro o calendario acordado.

Todos os talleres poderán ser adaptados para alumnos con diversidade funcional para grupos de educación especial.

Horario

No horario lectivo dos centros

Custo

Gratuíto

Inscrición Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor.

Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006

Teléfono: 981 18 98 20

Fax: 981 18 98 21

Correo electrónico: omic@coruna.es

Páxina Web: www.coruna.es/omic

Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias

Tenente de Alcalde Responsable da Área de Emprego e Economía Social: Alberto Lema Suárez