Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Residuos urbanos na Coruña

Información xeral
Descrición

INTRODUCIÓN
Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara á ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é encontrar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de "usar e tirar", imperante hoxe en día.

No Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña apóstase por unha separación selectiva en orixe (recollida selectiva) que permite unha mellor integración dos residuos en procesos de reciclaxe e compostaxe. Esta alternativa fundaméntase nunha activa participación cidadá. A veciñanza debe estar constantemente informados tanto do sistema que se escolle para a eliminación de residuos, coma das vantaxes que este supón. A importancia do seu papel persoal e colectivo neste esforzo común é a pedra troncal do sistema municipal.

OBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA

  • Dar a coñecer o Plan de Tratamento dos RU do Concello da Coruña.
  • Informar das diferentes alternativas existentes para a eliminación e tratamento dos RU, as súas vantaxes e desvantaxes.
  • Modificar as actitudes persoais para unha mellora do comportamento cívico ante os residuos.
  • Motivar a poboación escolar para que participe activamente no plan de recuperación e posta en valor dos residuos: dende a recollida selectiva e a separación en orixe, ata o coñecemento dos produtos reciclados.

OS RESIDUOS URBANOS NA CORUÑA

Persoas destinatarias

1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º de EP. 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

Duración

Idade Preferente

Actividades

Audiovisual (un a escoller)

O valor dos residuos

60 min

1º , 2º, 3º e 4º de EP

Os residuos urbanos da Coruña

60 min

5º e 6º de EP; 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

Taller (un a escoller)

Outra vida aos residuos

60 min

1º, 2º, 3º e 4º de EP

Separa e gaña

60 min

5º e 6º de EP; 1º e 2º de ESO

O destino dos residuos

60 min

3º e 4º de ESO

Visita guiada (unha a escoller)

Bens e punto limpo

90 min

1º, 2º, 3º e 4º de EP

Planta de tratamento e residuos de Nostián

120 min

5º e 6º de EP; 1º, 2º,3º e 4º de ESO

Materiais de apoio

Manual do profesorado

Manual do alumnado

Persoas destinatarias

Alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º de EP. 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

Período de realización

De outubro de 2017 a xuño de 2018

Novidades para este curso

Á parte do alumnado que viña sendo receptor desta formación, favorécese a inclusión de grupos doutras idades, tanto máis pequenos coma maiores. Dende pequenos, os alumnos son determinantes en moitas das compras que se fan na casa e coa idade, son actores fundamentais en gran parte das eleccións que se levan a cabo no fogar. O seu nivel de ocio "público" (en espazos abertos e comúns) encontra unha razón máis e fundamental para dirixir este programa cara a eles. Son consumidores cun poder adquisitivo maior que os alumnos máis pequenos e cunha independencia de compra que fai moi interesante mostrarlles a importancia das súas eleccións. Estas deben axustarse a intereses de sostibilidade.

Para este curso, propoñemos ademais, un módulo accesorio referido á Festividade de San Xoan. Un dos grupos de idade cidadán que resulta máis numeroso nesta xornada son os mozos do ensino postobrigatorio. Á parte da festa por todo o grande, outra das imaxes desta noite (pero xa na mañá) son as cuadrillas de persoal de limpeza que realiza tarefas de adecuación das praias para que os areais estean listos para o uso e baño na seguinte xornada. Dende hai un par de anos o Concello realiza labores educativos (con puntos de abasto de madeira e de recollida de lixos) nesa noite.

Pois ben, á parte das consideracións xerais deste programa (comúns ás de residuos pero adaptadas á súa idade) estará dispoñible unha charla e taller para todos os grupos desta idade con referencia a esta noite. O futuro ambiental sostible que desexamos para a nosa cidade, tamén, nas noites de concertos en verán na praia ou a de San Xoan, xustifícano.

Máis información

DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES:

AUDIOVISUAL

O VALOR DOS RESIDUOS

Obxectivos

  • Valorar os residuos como novas materias prima
  • Recoñecer o problema da xeración desmedida de residuos nas sociedades desenvolvida
  • Coñecer medidas de redución e reutilización de bens de consumo
  • Aprender a utilizar correctamente os colectores da cidade.
  • Coñecer o noso Plan de Residuos municipal.

Contidos

  • Os residuos na nosa casa.
  • Os diferentes colectores da nosa cidade.
  • A redución e a reutilización dos bens de consumo.
  • Como encaixa todo no Plan de RU municipal.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Charla-coloquio apoiada dunha proxección audiovisual. Para fomentar o interese e participación incorporaranse animacións en flash acerca dos residuos e o seu tratamento en diferentes contextos históricos e actuais. Para os máis pequenos, contarase cunha presentación a xeito de conto sobre uns residuos e os seus sonos de ser aproveitados e reciclados.

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector.

AUDIOVISUAL

OS RESIDUOS URBANOS NA CORUÑA

Obxectivos

  • Coñecer o contido e obxectivos do Plan de Xestión de Residuos da Coruña.
  • Promover a correcta separación en orixe dos residuos.
  • Coñecer o estado do antigo vertedoiro da Coruña.

Contidos

  • A xestión de residuos na cidade: transporte, tratamento, reciclaxe, puntos limpos...
  • A Planta de Tratamento Residuos de Nostián.
  • A recuperación dun vertedoiro: o Parque de Bens.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Proxección audiovisual interactiva no que os participantes, a través do seu contido e aplicacións, coñecerán o destino e tratamento que se lle dá aos seus residuos domiciliarios no plan municipal.

Recursos necesarios

Aula, pantalla de proxección, ordenador portátil, proxector LDC

TALLER

OUTRA VIDA AOS RESIDUOS

Obxectivos

  • Diferenciar os tipos de materiais que conforman os envases.
  • Descubrir as materias primas das que proceden os envases.
  • Separar correctamente os residuos na casa e no colexio.
  • Concienciar da separación en orixe de residuos.
  • Coñecer os tipos de colectores que hai na cidade e como deben ser utilizados.
  • Fomentar o uso da imaxinación para aproveitar os residuos.

Contidos

A separación dos residuos.

As materias primas e os procesos de elaboración de envases.

Aproveitamento dos residuos: reutilización e reciclaxe.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Empregaranse envases e outro material de refugallo para elaborar xoguetes ou apreveitados dándolle un uso diferente

Recursos necesarios

Residuos urbanos reais, tesoiras, cores, adhesivo. Modelos de xoguetes

TALLER

SEPARA E GAÑA

Obxectivos

  • Coñecer os tipos de colectores que hai na cidade.
  • Separar correctamente os residuos na casa e no colexio.
  • Participar activamente no xogo educativo.
  • Concienciar da separación en orixe de residuos.

Contidos

  • Os residuos que xeramos na casa e no colexio.
  • Os colectores da nosa cidade.
  • A separación en orixe dos residuos.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Contaremos con tarxetas de preguntas e respostas acerca do Plan de Residuos. Con esta dinámica, un alumno/a formula unha pregunta á aula e outro/a debe ter a resposta entre as súas tarxetas. Quen teña a resposta correcta debe botar un residuo ao colector axeitado. Entre os residuos máis comúns, encóntranse tamén outros con maior difucultade á hora de ser desbotados, como unha caixa de galletas de distintos materiais. Aprovéitase para falar dos envases máis ecolóxicos e do noso modo de consumir.

Recursos necesarios

Tarxetas, diferentes residuos, colectores simulados, fichas de conclusións.

TALLER

O DESTINO DOS RESIDUOS

Obxectivos

  • Coñecer cales son as súas dúbidas acerca do plan de residuos coruñés, a partir das súas enquisas.
  • Concienciar da separación en orixe de residuos.
  • Participar en tarefas de redución, reutilización e reciclaxe de residuos da escola para contribuír á conservación e mellora do medio natural.
  • Reflexionar sobre as posibles solucións e actuacións coherentes para a conservación do medio natural ante a produción de residuos.

Contidos

Os residuos que xeramos na casa e no colexio.

Os colectores da nosa cidade.

A separación en orixe dos residuos.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Os alumnos recibirán nos días previos á actividade unha enquisa individual que deberán cubrir para a xornada presencial na aula. Nesta haberá cuestións acerca de:

- Colectores
- Instalacións municipais relacionadas cos residuos (Planta de Nostián e Puntos Limpos)
- Xeración total e porcentaxes de residuos de distinta natureza nos nosos domicilios
- Separación selectiva
- Destinos finais e aproveitamentos futuros dos residuos

Xa na xornada na aula, reflexionarase acerca das respostas dos diferentes alumnos e proxectaranse vídeos sobre as consecuencias reais do consumo excesivo das sociedades desenvolvidas. Acompañando cada un, mostrarase tamén mediante un audiovisual as solucións locais propostas a cada situación relacionada cos residuos.

Recursos necesarios

Proxector, ordenador, cuestionario.

VISITA

PLANTA DE TRATAMIENTO DE RESIDUOS DE NOSTIÁN

Obxectivos

  • Coñecer o contido e obxectivos do Plan de tratamento de residuos da Coruña.
  • Coñecer os diferentes procesos aos que son sometidos os residuos na Planta de Tratamento de Residuos de Nostián.
  • Analizar e valorar a produción de residuos e o seu tratamento.
  • Recoñecer o impacto ambiental do proceso produtivo.

Contidos

  • Percorrido polas diferentes fases de tratamento dos residuos.
  • Traballo da elaboración de compost a partir de residuos orgánicos.
  • Clasificación da fracción inorgánica para a súa reciclaxe.
  • Un subproduto dos residuos: aproveitamento enerxético dos residuos.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Visita guiada á planta de Nostián. Os participantes descubrirán todas as fases de tratamento dos residuos na Coruña, dende a obtención de compost, clasificación de inorgánicos, obtención de enerxía eléctrica...

Recursos necesarios

Aula educativa de educación ambiental, dotada de ordenador portátil, proxector e presentación, e Planta de Tratamento de Residuos de Nostián.

VISITA

O PUNTO LIMPO

Obxectivos

  • Identificar os diferentes tipos de residuos que producimos.
  • Recoñecer os "outros residuos": os que non depositamos nos colectores das rúas.
  • Coñecer o funcionamento e o obxectivo da instalación.
  • Fomentar o uso responsable e o correcto depósito dos residuos nos Puntos Limpos.
  • Reflexionar sobre as posibles solucións e actuacións coherentes para a conservación do medio natural ante a produción de residuos.

Contidos

  • Visita guiada pola instalación: Distintos colectores e funcionamento da planta.
  • Os residuos tóxicos e perigosos.
  • Os residuos voluminosos.
  • A importancia dos Puntos Limpos

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Percorrido polas instalacións do punto limpo (de Eirís ou Os Rosales). Por qué depositamos aquí estes residuos e non nos colectores das rúas? Na visita identifícanse os distintos depósitos, colectores e o destino final dos residuos.

Recursos necesarios

Punto limpo (Eirís ou Os Rosales). Fichas explicativas de cada tipo de residuos. Residuos para depositar nos colectores.

VISITA

O PARQUE DE BENS

Obxectivos

  • Coñecer a situación do antigo vertedoiro de Bens e os labores desenvolvidos para o seu selado e recuperación do ámbito.
  • Coñecer o funcionamento e finalidade da Planta de Coxeración de Bens: o aproveitamento enerxético.

Contidos

  • Visita guiada á Planta de Coxeración de Bens.
  • Percorrido polo parque de Bens: selado e novos aproveitamentos cívicos.
  • Recuperación do antigo vertedoiro da Coruña.
  • O aproveitamento enerxético dos residuos.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Visita guiada polo ámbito do antigo vertedoiro da Coruña con diferentes paradas interpretativas sobre os labores de selado e recuperación do ámbito. Para finalizar visítase a Planta de Coxeración de Bens.

Recursos necesarios

Antigo vertedoiro e instalacións da planta de coxeración de Bens

Contacto
Información de contacto

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es