Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Visitas á Biblioteca de Estudios Locais

Información xeral
Descrición

Con este programa a Biblioteca Municipal de Estudos Locais pretende, desde unha formulación lúdica, achegar ao alumnado e profesorado ao mundo da biblioteca para coñecer os seus recursos, organización e servizos.

A CASCARILLA

Partindo da presentación da Biblioteca por medio dunha breve explicación oral acompañada dunha mostra de material escolleito, chégase ao terreo do lúdico a través dun xogo: A Cascarilla. Con él pretendese afondar de forma participativa e dinámica no coñecemento da biblioteca e dos seus recursos.
OBXECTIVOS
  • Presentar a Biblioteca de Estudos Locais como biblioteca especializada na Coruña en temas xerais de Galicia, diferenciándoa, debido á especificidade dos seus fondos, do resto das Bibliotecas do Sistema Municipal.
  • Dar a coñecer a Biblioteca de Estudos Locais como centro de información sobre a nosa localidade.
Persoas destinatarias

Alumnado da 1º e 2º ESO de centros educativos do municipio.

Período de realización

De xaneiro a maio de 2018

Condicións do programa
  • Oferta dirixida a todos os colexios da cidade con reserva dun 10% das prazas para colexios doutros municipios.
  • As visitas terán lugar na Biblioteca de Estudos Locais
  • Participarán un máximo de 18 grupos de 25 persoas.
  • As visitas terán lugar os xoves de xaneiro a maio (ambos os dous inclusive) de 9.30 h. a 11.30 h.
  • Os titores dos grupos que participen nas visitas, deberán asistir a unha reunión previa na propia biblioteca na que se lles facilitará información detallada sobre os obxectivos e contidos da visita. A non asistencia, sen comunicación previa, implicará a cancelación da visita.

A Biblioteca de Estudos Locais proporcionará, NUNHA VISITA GUIADA AO PROFESORORADO responsable dos grupos, información detallada sobre os obxectivos e contidos da visita así como a data e horario da celebración da mesma.

Horario

Os xoves, de 9:30h. a 11:30h.

Custo

Gratuito.

O transporte escolar corre a conta do centro educativo.

Novidades para este curso

Centros onde se oferta

Centros educativos de ESO do municipio

Inscrición Contacto
Información de contacto

bestudiosl@coruna.es