Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

Información xeral
Descrición

Instalado no Castelo de San Antón, fortaleza construída nunha illa na baía da Coruña entre os séculos XVI e XVIII para a defensa da cidade e o seu porto dos ataques por mar, ata mediados do XX cumpriu tamén función de prisión.

O propio Castelo, independentemente dos elementos propios do Museo, resulta de indubidable interese para un aproveitamento didáctico, como elemento militar, na súa arquitectura, na súa historia ou na súa faceta de prisión.

En 1960 o Concello de A Coruña adquire a fortaleza, creándose nela o Museo Arqueolóxico e Histórico da cidade, que abre as súas portas ao público en 1968.

O Museo, de titularidade municipal, conserva e expón pezas da prehistoria e da historia da cidade de A Coruña, da provincia e de Galicia en xeral.

Cos diferentes programas didácticos propostos para o Museo Arqueolóxico téntase achegar ás alumnas e alumnos á nosa historia, para que comprendan mellor e dun xeito mais directo, cómo vivían os homes e mulleres do pasado, sempre a través do materias expostos nas diferentes salas do museo e có apoio de explicacións teórico- prácticas.

PROGRAMAS NO MUSEO ARQUEOLÓXICO

1. UN PASEO POLA HISTORIA

O Museo Arqueolóxico e Histórico permite facer diferentes tipos de percorridos polas súas salas: un percorrido xeral que abrangue as seccións de Arqueoloxía e Historia, ou ben uns percorridos máis específicos pola sección de Historia da cidade da Coruña e do propio Castelo de San Antón, ou pola sección de Arqueoloxía. A parte de arqueoloxía está subdividida en diferentes apartados: a Prehistoria, os Castros e a Romanización. A visita por esta sección nos permite coñecer mellor o noso pasado a partir dos restos materiais dos nosos antepasados, grazas ás ferramentas e útiles cotiás e de traballo atopados nas escavación arqueolóxicas da cidade de A Coruña e ao longo da provincia e da comunidade galega, saberemos un pouco máis de como vivían, qué comían, ou cómo se relacionan os homes e mulleres da Prehistoria, os habitantes dos castros ou da época da romanización.

2. DESCUBRINDO A ARQUEOLOXÍA: OBRADOIRO DIDÁCTICO.

Para realizar este obradoiro é necesario poñerse en contacto có Museo Arqueolóxico.

Esta actividade conxuga unha visita guiada pola sección de arqueoloxía e unha práctica relacionada có percorrido realizado nesta sección, na que os as alumnas e alumnos poderán ver e tocar pezas arqueolóxicas de diferentes épocas e procedencias, e entender así, dun xeito máis directo o traballo dos arqueólogos e o tratamento dos materiais unha vez pasan a formar parte da colección do museo.

Os materiais cós que se traballa neste obradoiro serán materiais orixinais e reproducións de pezas destacadas expostas nas vitrinas do museo.

Persoas destinatarias

· Alumnas e alumnos de 2º ciclo de Educación Infantil, E. Primaria, ESO, Bacharelato e FP de todo tipo de centros (públicos, concertados e privados)

· Programa "UN PASEO POLA HISTORIA": máximo de 25-30 alumnas e alumnos por grupo, acompañados do profesorado responsable. Coa posibilidade de simultanear 2 grupos.

· Programa "DESCUBRINDO A ARQUEOLOXÍA": máximo de 15-20 alumnas e alumnos por grupo, acompañados do profesorado responsable.

Período de realización

As visitas se levarán a cabo durante os meses de marzo, abril e maio de 2018, en días lectivos de martes a venres, en horario de mañá (10:00 -13:00 h.)

Condicións do programa

Se poden facer diferentes tipos de visitas ás salas do museo, en función das necesidades do alumnado, adaptándose ás especificacións de cada grupo.

· As visitas teñen unha duración aproximada de 60 minutos.

· A adxudicación das visitas non inclúe servizo de autobús, excepto para os CEIP da cidade inscritos a través do programa “A Coruña Educa”.

· O centro educativo deberá comunicar calquera modificación con 48 horas de antelación.

· As visitas son guiadas por un monitor/ estudante en prácticas da Escola de Turismo.

· Ponse a disposición do profesorado información sobre a visita. Nos casos nos que se solicite, se facilitará outra información complementaria.

Horario

As visitas se realizarán de martes a venres en horario de mañá, entre as 10:00 e as 13:00 h.

Custo

Todas as visitas son gratuítas e con previa inscrición,excepto para os centros de fóra da cidade que realicen as visitas do Museo fora do programa "A Coruña Educa" que deberán aboar 1,00€ por alumno.

Inscrición centros

A través do programa "A Coruña Educa" ou directamente no contacto do Museo Arqueolóxico.

Prazo de inscrición na ficha do programa “A Coruña Educa” do 11 ao 30 de setembro de 2017.

Máis información

Se desexa información sobre a visita, poden poñer en contacto có Museo Arqueolóxico, dende onde se lles facilitará a documentación necesaria para ampliar os contidos, para a preparación previa da visita ou para complementala posteriormente na aula.

Centros onde se oferta

Os programas educativos do Museo Arqueolóxico están destinados a todo tipo de centros educativos (públicos, privados ou concertados) tanto aos procedentes da cidade da Coruña coma aos de fora dela.

Inscrición
Inscrición centros

A través do programa "A Coruña Educa" ou directamente no contacto do Museo Arqueolóxico.

Prazo de inscrición na ficha do programa “A Coruña Educa” do 11 ao 30 de setembro de 2017.

Contacto
Información de contacto

A través do programa “A Coruña Educa”, segundo as propias características do programa ou directamente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón.

Teléfono: 98118 98 50

Correo electrónico: arqueovisitas@coruna.es; museo.arqueoloxico@coruna.es

Horario xeral de apertura ao público:

- De martes a sábado: de 10 a 19:30 h. (ata as 21 h. xullo e agosto).

- Domingos y festivos: de 10 a 14:30 h. (ata as 15 h. xullo e agosto).

- Luns: pechado ao público.

Coordinación Didáctica: Ana Martínez Arenaz