Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Castro de Elviña

Información xeral
Descrición

Poboado protohistórico situado entre A Zapateira e Elviña, sobre o val de Feáns e Mesoiro, nun outeiro que domina unha área de suave relevo que aínda conserva as trazas do que foi a paisaxe tradicional de outeiros, valgas, vexetación, camiños, cultivos e arquitectura. Dende o cume do castro contémplase toda a cidade da Coruña nunha amplísima vista.

Está declarado Ben de Interese Cultural (BIC), anteriormente Monumento Histórico Artístico (Decreto 1758 /1962 de 5 de xullo). Dende o ano 1947 leváronse a cabo escavacións arqueolóxicas que continúan na actualidade.

Nas sucesivas escavacións arqueolóxicas realizadas, foron aparecendo as estruturas de habitación: as murallas cos seus accesos e as construcións domésticas e doutros usos. Ademais recupéranse diversos materiais que, unha vez estudados, aportan datos para o coñecemento da vida no castro e a cronoloxía: fragmentos de cerámica que conformaron diferentes recipientes, ánforas, pedras de muíños, fíbulas e outros elementos metálicos así como as pezas de ourivería do conxunto coñecido como o Tesouro de Elviña, que se expoñen no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón.

Persoas destinatarias

Alumnado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e FP.

Período de realización

De xaneiro a xuño de 2018, días lectivos de luns a venres, ás 10:00 h. e ás 11:45 h.

Condicións do programa

PROGRAMA NO CASTRO DE ELVIÑA: PERCORRENDO O CASTRO

Visita guiada ao Castro de Elviña, cun percorrido polo contorno e interior do recinto, con explicación e observación das súas características.

- As visitas son guiadas e duran entre 60-90 minutos.

- A adxudicación das visitas non inclúe servizo de autobús, excepto para os CEIP da cidade inscritos a través do programa “A Coruña Educa".

- O centro educativo deberá comunicar calquera modificación con 48 horas de antelación

- As visitas son guiadas por un monitor.

- Porase á disposición do profesorado, información e unidades didácticas. Nos casos que se solicite, aportarase outra información complementaria.

- Os visitantes deberán traer roupa e calzado cómodo para poder moverse polo Castro sen dificultade

Horario
  • Setembro e decembro de 2017, días lectivos de luns a venres, ás 10:00 e ás 11:45 h. (fora do programa “A Coruña Educa”), previa solicitude no Museo Arqueolóxico.
  • De xaneiro a xuño de 2018, días lectivos de luns a venres, ás 10:00 e ás 11:45 h. (segundo dispoñibilidade orzamentaria nas condicións do programa “A Coruña Educa”).

*Os Centros que teñan actividade durante o verán, pódense acoller ao Programa de verán de visitas ao Castro”, a desenvolver entre o día 1 de xullo e o 30 de setembro.

Custo

Todas as visitas son gratuitas e con previa inscrición.

Inscrición centros

A través do Programa "A Coruña Educa" ou directamente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón.

Prazo de inscrición na ficha do programa “Coruña Educa” do 11 ao 30 de setembro de 2017.

Novidades para este curso

Material didáctico do programa:

  1. Información para o Profesorado.
  2. Material para o 1º y 2º ciclo de Primaria
    1. Unidade 1: Coñecemos o Castro.
  3. Material para o alumnado de 3º ciclo de E. Primaria, ESO, Bacharelato e FP.
    1. Unidade 2: Situación do Castro e características xerais.
    2. Unidade 3: Arquitectura do Castro.
    3. Unidade 4: Do Castro ao Museo (a realizar en combinación co Programa “Un Paseo pola Historia” do Museo Arqueolóxico).

Máis información

Punto de encontro: os autobuses deberán presentarse na parada do bus no vial do Campus de Elviña ao Campus da Zapateira na Universidade de A Coruña. Ou directamente na entrada ao castro, onde a guía recibirá ao grupo.

Centros onde se oferta

Pódense acolle ao programa didáctico do castro de Elviña todo tipo de centros educativos.

Inscrición
Inscrición centros

A través do Programa "A Coruña Educa" ou directamente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón.

Prazo de inscrición na ficha do programa “Coruña Educa” do 11 ao 30 de setembro de 2017.

Contacto
Información de contacto

A través del programa “A Coruña Educa”, según las propias características del programa o en el Museo Arqueológico e Histórico Castelo de San Antón

  • Teléfono: 98118 98 50
  • Correo electrónico: arqueovisitas@coruna.es
  • Horario xeral de apertura ao público (visitas guiadas para o público):
    • De xullo a setembro: xoves ás 19:30 h. Sábados e domingos ás 12:00 h.
    • De outubro a xuño: domingos ás 12:00 h.
  • Coordinación Didáctica: Ana Martínez Arenaz e Monserrat Ferro Torres