Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Xogos Escolares

Información xeral
Descrición

O Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até Bacharelato e FP (media e superior) de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.

Os Xogos Escolares responden a unha aposta polo deporte base como xerador de hábitos de sáude nos rapaces e rapazas da cidade. Os Xogos Escolares agardan ter unha oferta interesante para calquera idade.

OBXECTIVOS XERAIS

  • Favorecer a adquisición de hábitos deportivos como mecanismo de prevención para a saúde.
  • Incluir a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal dos nenos incidindo nos valores positivos que ésta pode aportar, e non só no rendemento. Pensamos que a competición contribúe de forma determinante a crear o hábito deportivo.
  • Posibilitar que calquera alumno/a (do rango de idades marcadas), federado ou non, poda participar.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Cubrir o espazo baleiro do deporte federado e do deporte escolar.

  • Potenciar a simbiose entre os recursos do Concello e a estrutura dos principais clubs da cidade.
  • Ofrecer unha competición adaptada á idade biolóxica dos nenos/as.
  • Promover a educación en valores co deporte e a competición como medio.
  • Solidariedade, tolerancia, respecto e superación.
Persoas destinatarias

XOGOS ESCOLARES EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Nesta etapa educativa, os Xogos estarán integrados por modalidades deportivas adaptadas e estruturadas, para as diferentes idades e en dúas categorías mixtas.

Categorías

BENXAMÍN: escolares matriculados/as en 2º, 3º e 4º curso

ALEVÍN: escolares matriculados/as en 5º e 6º curso

Modalidades Deportivas

  • Torneo escolar de baloncesto
  • Torneo escolar de balonmán
  • Torneo escolar de xadrez
  • Torneo escolar de voleibol
  • Torneo de tenis
  • Torneo e formación de esgrima
  • Torneo e formación de hockei sala
  • Torneo e formación de rugby

XOGOS ESCOLARES NA EDUCACIÓN SECUNDARIA

Nestas etapas educativas, os Xogos estarán integrados por modalidades deportivas adaptadas e estruturadas para as diferentes idades das nenas e nenos participantes

Categorías

CATEGORÍA A: ESO

CATEGORÍA B: Bacharelato e Ciclos Formativos

Modalidades Deportivas

  • Torneo Municipal de voleibol
  • Torneo e formación de rugby
  • Torneo e formación hockei sala
Período de realización

A edición do curso 2017/2018, se realizará nos meses de xaneiro a abril de 2018.

Horario

HORARIO PROVISIONAL

Para Educación Primaria: terán lugar un día á semana en horario de 18.00h. a 20.00h.

Para Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos: terán lugar un día á semana en horario de 16.00h. a 20.00h.

Custo

Os Xogos Escolares son gratuítos para os nenos e nenas participantes.

Inscrición alumnado

A inscrición realizarase a través da web www.coruna.gal/deportes, cumprimentando a formulario de solicitude. Deberase cumprimentar un formulario de inscrición on line para cada un dos equipos, e unha individual para cada un dos compoñentes.

Os equipos dos ciclos de ESO e Bacharelato, deberán de ser acompañados durante os encontros por un responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, cos números máximos e mínimos establecidos.

Máis información

A inscrición no programa implica ter dereito a cobertura dun seguro de accidente, a dotación do equipamento material e, no caso dos CEIPS públicos da cidade o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo de orixe e acompañamento o día da competición. Ademáis de habilitarse persoal acompañante.

Centros onde se oferta

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, cos números máximos e mínimos establecidos.

Entidades colaboradoras

CADA DISCIPLINA DEPORTIVA TEN UNHA ASOCIACIÓN OU CLUBE QUE COLABORA TÉCNICAMENTE CO CONCELLO

Balonmán : OAR Cidade

Baloncesto: Básquet Coruña

Tenis: Escuela de Tenis Marineda.

Voleibol: Zalaeta Club Voleibol

Xadrez: Asociación Galega de Axedrecistas

Esgrima: Club de Esgrima Coruña, Club de Esgrima 100tolos, Escola Galega de Esgrima

Hockei sala: Escola Hockei HC

Rugby: Club de Rugby Arquitectura Técnica (CRAT)

Inscrición
Inscrición alumnado

A inscrición realizarase a través da web www.coruna.gal/deportes, cumprimentando a formulario de solicitude. Deberase cumprimentar un formulario de inscrición on line para cada un dos equipos, e unha individual para cada un dos compoñentes.

Os equipos dos ciclos de ESO e Bacharelato, deberán de ser acompañados durante os encontros por un responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, cos números máximos e mínimos establecidos.