Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Escolas Deportivas Municipais

Información xeral
Descrición

As Escolas Deportivas Municipais teñen como obxectivo a promoción e práctica da actividade física e deportiva ao tempo que favorecen hábitos de vida saudables entre a poboación da Coruña.

OBXECTIVOS

  • Ofrecer unha oferta deportiva de calidade alcanzable a toda a cidadanía
  • Contribuír ao proceso de educación e integración de toda a cidadanía.
  • Fomentar desde a infancia o interese polo lecer deportivo, incidindo positivamente na mellora da convivencia cidadá.
  • Coñecer e valorar o medio ambiente e os espazos naturais que nos rodean.
  • Ofrecer unha formación físico-deportiva para o desenvolvemento de calidades físicas xerais e específicas.
  • Iniciar na aprendizaxe deportiva a nenos, nenas e adultos do municipio.
Persoas destinatarias

A idade dos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais abrangue desde os 6 anos en diante, distribuíndose da seguinte maneira:

  • Escolas Deportivas de 6 até 8 anos
  • Escolas Deportivas de 9 até 11 anos
  • Escolas Deportivas de 12 até 17 anos
  • Escolas Deportivas para maiores de 18 anos
  • Escolas Deportivas para maiores de 60/65 anos
Período de realización

É un programa que ten 9 meses de duración, de Outubro a Xuño e que se rexe polo calendario escolar. Nos meses de verán Xullo, Agosto e Setembro, compleméntase coas actividades de Coruña en forma.

Horario

Horario xeral: De 8:00 a 14:30 e de 16:00 a 22:30.

Horarios específicos no documento PDF a pé de páxina.

Custo

Tasas municipais no documento PDF a pé de páxina.

Inscrición alumnado

Convocatoria de inscrición no documento PDF a pé de páxina.

Centros onde se oferta

Este programa lévase a cabo nas diferentes instalacións Deportivas Municipais da cidade en el participan máis de 3.500 alumnos.

  • Cidade Deportiva de Riazor
  • Piscina Municipal de Santo Amaro
  • Piscina Municipal de San Diego
  • Centro de Tecnificación de Esgrima
  • Polideportivo Municipal Sagrada Familia
  • Polideportivo Municipal San Francisco Javier
  • Polideportivo Municipal Barrio das Flores
  • Cidade Deportiva A Torre
  • Polideportivo Municipal Los Rosales
  • Polideportivo Municipal Novo Mesoiro.
Inscrición
Inscrición alumnado

Convocatoria de inscrición no documento PDF a pé de páxina.

Contacto
Información de contacto

www.coruna.gal/deportes
Teléfono de atención ao cidadán: 010
Teléfonos Instalacións Deportivas Municipais:
981 18 98 04 (CD A Torre)
981 18 98 00 (CD Riazor)
981 18 98 06 (PM Barrio das Flores)