Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Coruña en Forma

Información xeral
Descrición

Os espazos tradicionais son insuficientes para satisfacer a gran cantidade de práctica de actividade física que necesitan albergar as cidades, vilas e pobos, para previr as enfermidades derivadas do sedentarismo cidadán. Deste xeito, os polideportivos, complexos deportivos, piscinas, campos de golf, campos de fútbol,… son infraestruturas cun alto nivel de ocupación e con aforos limitados, incapaces de responder as necesidades da demanda actual.

Por iso, os espazos non convencionais: rúas, paseos marítimos, espazos verdes, ribeiras dos ríos, parques, convértense nos espazos públicos abertos que deben dar resposta a un elevado número de practicantes, permitindo promocionar o exercicio físico masivo.

A dinamización dos distintos Parques Biosaudables existentes repartidos pola cidade, e a concienciación no correcto uso dos mesmos, será otro punto clave no desenvolvemento do presente Programa.

Posiblemente devanditos espazos non convencionais de exercicio saudable convértanse, coas necesarias adaptacións, nas instalacións urbanas de maior prestación nun futuro próximo. O presente Programa, pretende utilizar os espazos non convencionais dos distintos barrios da cidade, e aproveitando as benevolencias estacionais dos meses estivais de xullo o setembro, sacar a oferta de actividade física municipal a rúa.

Así mesmo, a proposta de actividades, ou grupo de actividades, vai encamiñada a fomentar a práctica do exercicio físico entre segmentos da población máis sedentarios, como pode ser a terceira idade, presentando e tratando de consolidar hábitos de vida e envellecimento máis saudables.

A cidade convirtese nos meses de xullo a setembro nunha macro-instalación deportiva, sen barreiras e ao aire libre. Esta temporalidade ven a responder, ademáis de as favorables condicións climatolóxicas, aos meses de inactividade nas tradicionais Escolas Deportivas Municipais, servindo de continuidade vacacional para os seus alumnos, e de espléndido escaparate de captación de posibles novos usuarios.

Persoas destinatarias

O programa vai dirixido ao conxunto da cidadanía do municipio da Coruña, tendo como especial poboación diana a adultos, e cun programa máis concreto para a terceira idade.

Analizando a oferta xa existente na época estival, con multitude de Campus, Cursos e Xornadas Deportivas dirixidas a mozos e mozas, e tendo ademáis en conta a interrupción de xullo a setembro do Programa de Escolas Deportivas Municipais, vese oportuno e necesario nestas datas, programas de promoción e fomento da actividade física orientados a idades máis avanzadas, ofrecendo ademáis a posibilidade dunha continuidade ás propias Escolas Deportivas Municipais.

A utilización de espazos singulares e non convencionais, permite facer unha oferta itinerante e de proximidade para os barrios da cidade, sen ningún tipo de barreiras, e con máis posibilidades de aforo que a oferta convencional en Instalacións Deportivas Municipais.

Período de realización

Os meses de Xullo, Agosto e Setembro

Horario
Horario
Custo

GRATUITO

Inscrición centros

Sen Inscripción

Inscrición alumnado

Sen Inscripción.

Para disfrutar da actividade que lle interese, so é necesario presentarse no lugar e hora indicado.

Máis información

Programa de Actividades de Lecer Activo

Actividades que se desenvolverán a fin de semana.

xullo

     

Data

Hora

ACTIVIDADE

LUGAR

Sábado 8 de xullo

10:00 - 13:00

ANDAINA

Riazor - A Torre - Riazor

Domingo 9 de xullo

11:00-12:30

DIVÉRTETE CO TEU CAN

Parque de Bens

Domingo 23 de xullo

11:00 - 12:30

RUTA A PATÍNS

Paseo Marítimo

Sábado 22 de xullo

10:00 - 13:00

ANDAINA

Riazor - Portiño - Riazor

Domingo 23 de xullo

11:00-12:30

DIVÉRTETE CO TEU CAN

Parque de Novo Mesoiro

Domingo 30 de xullo

11:00 - 12:30

RUTA A PATÍNS

Paseo Marítimo

agosto

     

Data

Hora

ACTIVIDADE

LUGAR

Sábado 5 de agosto

10:00 - 13:00

ANDAINA

Riazor - A Torre - Riazor

Domingo 6 de agosto

11:00-12:30

DIVÉRTETE CO TEU CAN

Parque de Bens

Domingo 13 de agosto

11:00 - 12:30

RUTA A PATÍNS

Paseo Marítimo

Sábado 19 de agosto

10:00 - 13:00

ANDAINA

Riazor - Portiño - Riazor

Domingo 20 de agosto

11:00-12:30

DIVÉRTETE CO TEU CAN

Parque de Novo Mesoiro

Domingo 27 de agosto

11:00 - 12:30

RUTA A PATÍNS

Paseo Marítimo

setembro

     

Data

Hora

ACTIVIDADE

LUGAR

Sábado 2 de setembro

10:00 - 13:00

ANDAINA

Riazor - A Torre - Riazor

Domingo 3 de setembro

11:00-12:30

DIVÉRTETE CO TEU CAN

Parque de Bens

Domingo 10 de setembro

11:00 - 12:30

RUTA A PATÍNS

Paseo Marítimo

Sábado 16 de setembro

10:00 - 13:00

ANDAINA

Riazor - Portiño - Riazor

Domingo 17 de setembro

11:00-12:30

DIVÉRTETE CO TEU CAN

Parque de Novo Mesoiro

Centros onde se oferta

As diferentes localizacións estarán sinaladas físicamente en cada un dos puntos da cidade, por medio de adhesivos de chán e banderolas, e da seguinte forma:

Actividades dirixidas

· Riazor: Taichi e Ximnasia.

· Playa Oza: Pilates e Ximnasia

· Parque Europa: Pilates.

· Mirador Matadero: Taichi.


Actividade biosaudable:

· Parque Luis Díaz González

· Parque Os Rosales

· Parque Santa Margarita

· Parque San Diego

· Parque de Oza

· Parque Sagrada Familia

Actividades Fin de Semana

· Andainas: Explanada do Pazo dos Deportes de Riazor (Punto de encontro).

· Roteiros a patíns: Pista de Patinaxe de Adormidera (Punto de encontro).

· Divértete co teu can: (según datas)

  • Área Canina Novo Mesoiro.
  • Area Canina Santa Margarita.
  • Xardíns de Méndez Núñez.
INFORMACIÓN RELACIONADA Díptico (135,90 kB)
Inscrición
Inscrición centros

Sen Inscripción

Inscrición alumnado

Sen Inscripción.

Para disfrutar da actividade que lle interese, so é necesario presentarse no lugar e hora indicado.