Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Antenas de información xuvenil

Información xeral
Descrición

Programa de acción voluntaria que consta da creación dunda rede de pequenas sucursais do Centro Municipal de Información Xuvenil, en 23 centros públicos (IES, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música), e máis nos centros concertados con ESO e bacharelato da cidade.

  • Cada AIX comprende
    • Un taboleiro, desde o que se difundirá información de interese xuvenil: música, teatro, deportes, cinema, concursos, etc
    • Información semanal actualizada
    • As rcanles dixitais de interese xuvenil
    • E o máis importante: Correspondente/s que se ocupen da difusión de información no seu centro
  • Buscamos:
    • Persoas cun mínimo de 15 anos, cumpridos a 31-12-2017, e non máis de 30.
    • Rapaz ou rapaza, so ou acompañad@, matriculad@ no centro de estudos onde se desenvolva o programa
  • Ofrecémoslle:
    • A posibilidade de estar máis informado que ninguén do que acontece na cidade.
    • Entradas a eventos organizados ou programados polo Concello da Coruña (concertos, deportes, cine, teatro)
    • Recibir gratuítamente o Carné Xove, o Carné Internacion de Estudante, o Carné de Alberguista, durante o ano escolar que está como antena
    • A posibilidade que a súa labor sexa recoñecida a través dun certificado, podendo deste xeito acreditala oficialmente
    • Formación en materia de información xuvenil.

Persoas destinatarias

Centros públicos de educación secundaria e concertados con ESO e bacharelato

  • Persoas cun mínimo de 15 anos, cumpridos a 31-12-2017, e non máis de 30
  • Rapaz ou rapaza, so ou acompañado/a, matriculado/a no centro de estudos onde se desenvolva o programa

Período de realización

De novembro de 2017 a maio de 2018

Proceso de seleción de correspondentes: Mes de outubro