O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.
SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00
SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27
Plataforma14 é unha sala de exposicións do Fórum Metropolitano que ten como obxectivo potenciar e visibilizar o traballo da mocidade creadora da nosa cidade, a través da creación dun espazo físico onde poidan mostrar os seus proxectos expositivos.
O nome Plataforma14 recupera a memoria dos 13 antigos depósitos da CAMPSA situados na zona na que se sitúa actualmente o Fórum Metropolitano.
Quen pode solicitar a cesión da sala?
A sala pode ser solicitada por todas as persoas que teñan un proxecto artístico relacionado coa creatividade emerxente, pero a cesión do espazo priorizarase a:
A cesión da sala é gratuíta.
Máis información: www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Que tipos de obras pódense expoñer?
As obras expostas pertencerán, en sentido amplo, ás incluídas no campo das artes visuais(debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte, etc), sempre que poidan axustarse ao espazo expositivo e o seu equipamento.
A Sala está dotada de iluminación, sistemas de sujección e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas, escultura e arte multimedia.
Cales son as normas de uso?
Nas seguintes ligazóns podes acceder ás normas de uso da Sala e a un plano descritivo:
E se quero obter máis información da Plataforma14?
Se tes algunha dúbida ou queres visitar a sala de exposicións, podes chamarnos ou achegarche ao Centro Municipal de Información Xuvenil. A nosa dirección é:
Edificio Fórum Metropolitano
C/ Río Monelos, 1
Tel.: 981.18.42.94
cmix@coruna.es
www.coruna.es/cmix/plataforma14