Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

XXIII Día da ciencia na rúa

Información xeral
Descrición

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias convoca anualmente, no Parque de Santa Margarita, da man de estudantes e profesorado de centros educativos, esta mostra co obxectivo de xogar, aprender e participar nunha grande variedade de experiencias científicas, convidando así a espertar a curiosidade pola ciencia.

Ademais das experiencias científicas de escolares e entidades colaboradoras, desenvólvese unha gran variedade de actividades paralelas como pasacalles pola cidade, espectáculos de maxia, xogos para todas as idades, grafiti, papiroflexia, xadrez e un paseo polo parque a cargo de Medio Ambiente, ademais do xa tradicional xogo por equipos "Cocacoleando".

Na pasada edición contouse con 49 jaimas, que ademais da organización foron ocupadas por escolas infantís, CEIP, IES, centros concertados e privados, universidades e entidades colaboradoras como Repsol, Muncyt ou Emalcsa.

O Servizo Municipal de Educación en colaboración que Federación de ANPAs de centos públicos, participará que actividade "Eureka" (antes "Pequeciencia") do "Programa de Lecer Educativo", destinado a escolares de 3 a 9 anos.

Persoas destinatarias

Alumnado de todos os niveis educativos e público en xeral

Período de realización

Sábado 5 de maio de 2018

Condicións do programa

Cada institución ou entidade disporá dunha soa jaima, que identificará o seu nome no interior.

O nº máximo de persoas por jaima será de 20 para os centros educativos e 5 para as entidades.

A localización das jaimas rexeranse por criterios da organización.

Horario

De 11 a 19 h.

Custo

As actividades son gratuítas.

O aluguer da jaima abonarase directamente á empresa subministradora. O custo está ao redor dos 460€.

Inscrición centros

A inscrición farase a través da web www.amigoscc.es, ata a primeira semana de marzo de 2018, enviando:

a) Unha breve reseña da entidade, co nome que vai levar a jaima

b) A relación de persoas participantes na jaima.

c) O contido das actividades a desenvolver (título e breve resumo).

Inscrición alumnado

As actividade son de acceso libre, excepto as seguintes que teñen inscrición previa:

- 'Cocacoleando': un equipo de alumnos/as por centro, cun máximo de 25 centros.

- "Grafiti": haberá dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde, cun máximo de 10 persoas por sesión.

Centros onde se oferta

Centros educativos de E. infantil, E. primaria, E. secundaria, FP, E. Especial,... públicos, concertados e privados e centros universitarios, ademáis de institucións que desenvolvan a súa actividade ao redor da ciencia.

Entidades colaboradoras

Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

Parque de Santa Margarida s/n. 15005 - A Coruña

www.amigoscc.es

Javier Novelle (presidente)

Teléfono: 639 651 131

Inscrición
Inscrición centros

A inscrición farase a través da web www.amigoscc.es, ata a primeira semana de marzo de 2018, enviando:

a) Unha breve reseña da entidade, co nome que vai levar a jaima

b) A relación de persoas participantes na jaima.

c) O contido das actividades a desenvolver (título e breve resumo).

Inscrición alumnado

As actividade son de acceso libre, excepto as seguintes que teñen inscrición previa:

- 'Cocacoleando': un equipo de alumnos/as por centro, cun máximo de 25 centros.

- "Grafiti": haberá dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde, cun máximo de 10 persoas por sesión.

Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Educación

Susana Vara

T: 981 184 200 ext: 12047

educacion@coruna.es