Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Experiencia piloto. Proxecto participativo 'O noso patio'. CEIP Sanjurjo de Carricarte

Información xeral
Descrición

As finalidades do proxecto son:

  • Aumentar a participación dos membros da comunidade educativa na vida escolar.
  • Favorecer no alumnado a responsabilidade, a madurez así como o exercicio dunha cidadanía crítica.
  • Fomentar a participación e a implicación da cidadanía no funcionamento do centro.
  • Arranxar o propio centro.

O obxectivo que se marca o proxecto proposto é dobre: por unha banda, acadar unha mellora física do centro e, por outra banda, crear comunidade favorecendo a participación, a implicación das familias e a mellora dun recurso público para que sintan o colexio como algo propio.

O proxecto proposto pretende implicar a toda a comunidade educativa do centro (alumnado, familias, profesorado, persoal de conserxería e de limpeza) nun proceso colaborativo para que todas e todos cheguen a sentir o centro como algo propio.

Na 1.ª fase de este proceso, durante o1º trimestre do curso 2016/17, co obxecto de coordinar as propostas dos diversos colectivos implicados e facilitar a súa interrelación foi preciso contar con un profesional que realizou as funcións de mediación e dinamización do proceso para poñelo en marcha e definir as primeiras actuacións a desenvolverr.

Así, organizáronse os colectivos implicados no proceso (alumnado, familias, profesorado e outro persoal relacionado co centro) e deuse a posibilidade de entrada a outros colectivos directa ou indirectamente relacionados co centro (asociación de vecinos, asociacións sociais, culturais, deportivas... da zona de influencia do colexio).

Realizouse o deseño e a elaboración participativa da maqueta do “patio soñado", por toda a comunidade escolar.

Na 2.ª fase do proxecto, nos 2.º e 3.º trimestre do curso 2016/17 , realizaronse as seguintes accións:

  • A presentación do informe técnico elaborado polo Concello (a partir das propostas de maqueta participativa) á comunidade escolar, expoñendo as tarefas que se poderían acometer e a súa realización por fases.
  • O deseño participativo e a construcción e instalación do axardinamento da zona A (da entrada).
  • O deseño participativo e construcción ds contedores de material de xogo libre e os bancos e mesas na zona de entrada.
  • A pintura das paredes de lousa, polas familias.
  • A obra de acondicionamento das bancadas da zona deportiva.

Para o curso 2017/18, na 3.ª fase, é o momento de reforzar a implicación das familias e de explotar as habilidades e dispoñibilidade dos membros da comunidade para participar activamente no proceso. A partir de aí desenvolver un modelo de codeseño dos elementos a incluir no proxecto e traballar co profesorado para encaixalo dentro do programa académico.

DESEÑO COLABORATIVO:

Comezarase deseñando os elementos que van ser construídos, deixando planeado o deseño global do patio para a súa materialización nas seguintes fases, buscando que cada peza poda convertirse en material pedagóxico a partir da sua inclusión nos programas curriculares.

Deseño de seguintes elementos:

  • O axardinamento das zonas E, C e B, que seguirán o mesmo proceso que o da zona A.
  • A cabana.
  • Tarima / escenario.
  • Banco corrido e cuberta do patio de Educación Infantil
  • Zona de xogos para nenos e nenas con necesidades especiais.

TAREFAS DE CONSTRUCCIÓN EN COMUNIDADE

Tratárase de actividades coordinadas e un pouco guiadas, pero sobre todo dun xeito de crear comunidade a través da participación e de fomentar a coresponsabilización cos elementos construídos.

Ademáis con cada elemento que se construa, aínda que non sexa colaborativamente, farase un evento no que os nenos e nenas exploren as suas posibilidades de uso e sexan conscientes de que teñen que ser responsables do seu mantemento. Eles mesmos redactarán uns manuais ou normas de uso moi sinxelas que consideren oportunas para o seu goce.

PRIORIZACIÓN DE ELEMENTOS A COSTRUIR EN ANOS VINDEIROS

Farase a través de cuestionarios tanto para os nenos e nenas, como para o persoal do centro e as familias.

Dentro dos elementos que haberá que priorizar están:

  1. Elementos autónomos que suponen unha elección de catálogo: barras de xogo, tubos para esconderse e deslizarse e xiratorios, fontes, rocódromo horizontal, mesas de pingpong.
  2. Elementos infraestructurais que precisan dun proxecto de execución e suponen un alto investimento: pavimentación da pista cuberta, cubrición lateral da pista cuberta, banco e cuberta do patio de Educación Infantil, cuberta de acceso ao edificio do comedor.

Persoas destinatarias

Comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte: alumnado, familias, profesorado, persoal de conserxería e de limpeza.

Período de realización

Primeira e segunda fases: curso 2016/2017

Terceira fase: curso 2017/18

Condicións do programa

Pola súa propia natureza participativa, o proxecto terá un carácter aberto e dinámico e se terá que desenvolver en sucesivas fases ao longo do tempo, e en función dos orzamentos municipais disponibles anualmente.

Horario

Escolar e extraescolar

Custo

Os gastos correran a cargo dos orzamentos municipais do Servizo Municipal de Educación

Centros onde se oferta

CEIP Sanjurjo de Carricarte

Entidades colaboradoras

Asesoramento da Área de Participación e Innovación Democrática do Concello que ten dentro das súas competencias a de Participación cidadá.

Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Educaión

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

Tel: 981 184 200. ext. 12038

Fax: 981 184 370