Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

CAMPACOLE

Información xeral
Descrición

A Federación Provincial de ANPAS en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor. Estes campamentos levarán a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).

Persoas destinatarias

Alumnado de E. Infantil e E. Primaria, dos CEIPs do Concello da Coruña, tendo preferencia o alumnado do CEIP que sexan sede.

Período de realización

Periodos de vacacións escolares

Condicións do programa

O número de prazas ofertadas para cada campamento será dun mínimo de 15 escolares, e de 10 nos servizos de madrugadores e comedor.

No caso de non chegar ao mínimo esixido, devolveríase a cota abonada.

Horario

De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.

Este horario pódese ampliar cos seguintes servizos:

- Madrugadores (sen almorzo): a partir das 8:30 h.

- Comedor: desde as 14:00 ata as 15:30 h., podendo saír a partir das 15:00 h

Custo

Quenda semanal (5 días hábiles) (*):

- Campamento: 15 € por quenda

- Madrugadores: 5 € por quenda.

- Almorzo: 5 € por quenda.

- Comedor: 20 € por quenda.

(*) Os prezos son orientativos e están pendentes de confirmar.

Inscrición alumnado

No local da ANPA de cada centro, en horario de 9:00 a 9:30h. e de 16:00 a 16:30 h.

Centros onde se oferta

CEIPs do ayConcello da Coruña.

Inscrición
Inscrición alumnado

No local da ANPA de cada centro, en horario de 9:00 a 9:30h. e de 16:00 a 16:30 h.

Contacto
Información de contacto

Federación Provincial ANPAS de centros públicos

R/ Orzán, 21 - 15003 A Coruña

Correo electrónico: ocio@fedapascoruna.org

web: www.fedapascoruna.org

Tel.: 981 202 002 / 981 201 877