Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Luditarde

Información xeral
Descrición

Luditarde é un programa que, baixo o principio e a pedagoxía do lecer e o xogo, pon en práctica un paquete global de actividades relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas transversais (educación viaria, para a paz, para a saúde, medio ambiental, cívica, ...) ou a algunha situación relevante, a partir dos cales se desenvolven as distintas áreas de contidos: animación á lectura, animación teatral, lóxica matemática-xadrez, expresión artística, musical, actividades motrices e /ou deportivas e informática.

Persoas destinatarias

Luditarde está dirixido ao alumnado de E.Infantil e E.Primaria, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos agrupados por tramos de idade, do CEIP que participou o curso pasado: Ramón de la Sagra

Período de realización

Do 2 de outubro de 2017 a 31 de maio de 2018.

Condicións do programa

O centro escolar deberá proporcionar os espazos adecuados para a realización das actividades deportivas do programa.

Cada grupo que se forma ten como responsable a un/unha único/a educador/a, fóra daqueles grupos que polas súas especiais características precisen dun/dunha educador/a de reforzo (aínda que o cociente non chegase a 20 participantes para desdobrar ese grupo).

Horario

As actividades desenvólvense de luns a venres e de 16:00 a 18:00 h., cun total de 10 horas semanais de actividade.

En datas de realización de actividades especiais *, este horario pode verse incrementado en media ou unha hora máis.

*Actividades especiais:

Son aquelas actividades de encontro, que se realizan de forma puntual, para incidir na calidade e promoción do programa complementando os contidos do mesmo e para compartir afeccións co alumnado doutros centros participantes no programa ou de "Deporte no centro".

  • Encontros lúdicos e deportivos: son propostas de actividades psicomotrices e deportivas compartidas co programa "Deporte no centro"
  • Saídas temáticas a equipamentos culturais da cidade, relacionadas coa temática trimestral
  • Proxectos lúdicos relacionados cos bloques temáticos (á conclusión do bloque de contidos que se está traballando),...;
  • e clausuras do programa (nadal ou fin de curso).
Custo

As familias deberán formalizar a súa participación no programa nas fichas de inscrición que lles facilitarán as ANPAS de cada centro e as cotas quedarán domiciliadas (sen cargo dos gastos bancarios de xestión de recibos) e serán abonadas mensualmente.

COTA:

  • Individual: 25,00€ ao mes
  • 2 fillos/as: 20,00€ ao mes cada un/unha
  • 3 fillas/os: 17,50€ ao mes cada un/unha

Las cuotas de inscripción incluyen toda la dotación del equipamiento, material y transporte necesario para el desarrollo de las actividades, ademáis dun seguro de accidentes.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

No local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 4 ao 15 de setembro de 2017.

  • A ratio mínima para formar grupo será de 15 escolares, e a máxima será de 20 participantes
  • Para formalizar a inscrición en "Luditarde" deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota mensual correspondente á modalidade de participación solicitada.
  • Unha vez comezado o programa, poderá haber altas a condición de que queden prazas vacantes no grupo de idade que se solicita.
Novidades para este curso
  • Redúcese a cota mensual.
  • Retómanse as actividades especiais.
Máis información

Dado o carácter global e diversificado que ten o programa, as actividades que se desenvolven son de moi diversa índole:

  • Expresión musical: audición, produción...
  • Animación teatral: xogo dramático, expresión corporal, teatro...
  • Animación á lectura: lectura, oralidad, escritura...
  • Lóxica matemática-Xadrez: xogo e lóxica matemática...
  • Expresión artística: debuxo, pintura, modelado...
  • Novas tecnoloxías: computador, internet, aplicacións simples...
  • Psicomoticidad-predeporte: educación física de base, xogos, iniciación deportiva, recreativa...

Un horario tipo, que ten unha certa flexibilidade en función dos tramos de idade de cada grupo e o seu desenvolvemento evolutivo, os espazos do centro a compartir e 'o fío condutor' da temática correspondente, sería:

luns

martes

mércores

xoves

venres

16-17 h

Novas tecnoloxías

Deporte

Expresión artística/ musical

Deporte

Animación teatral

17-18 h

Deporte

Lóxica matemática-Xadrez

Deporte

Animación á lectura

Deporte

Dada a metodoloxía do programa, os contidos non se expoñen de forma pechada e unilateral, senón que se atopan no campo da 'transversalidade non formal': as temáticas que serven de apoio para o desenvolvemento das actividades nas diversas áreas, deben ser amplas e permitir un achegamento desde calquera campo, e organízanse dean torno a tres bloques de contidos ou temáticas (unha por trimestre).

Centros onde se oferta

CEIP Ramón da Sagra.

Entidades colaboradoras

Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña

R/ Orzán, 21. C.P. 15002

Tel. 981.202.002

ocio@fedapascoruna.org

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

No local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 4 ao 15 de setembro de 2017.

  • A ratio mínima para formar grupo será de 15 escolares, e a máxima será de 20 participantes
  • Para formalizar a inscrición en "Luditarde" deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota mensual correspondente á modalidade de participación solicitada.
  • Unha vez comezado o programa, poderá haber altas a condición de que queden prazas vacantes no grupo de idade que se solicita.
Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

Tel: 981 184 200 ext: 12038

Fax: 981 184 370