Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Deporte no Centro

Comeza o programa Deporte no centro

O mércores 4 de outubro comezaron os programas POE, Deporte no centro e Luditarde, en convenio coa Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña. Pódese consultar na ANPA se hai prazas vacantes.

Deporte no centro en 21 CEIP e 2 CEE, con 132 actividades deportivas para 1 893 escolares inscritos, atendidos por 72 monitores/as deportivos/as. Nas seguintes modalidades deportivas:

  • Para E. Infantil: xogos, xogos rítmicos, prepatinaxe (I), xogos de taboleiro, xogos tradicionais (I) e xogos de capoeira.
  • Para 1.º e 2.º curso de E. Primaria: predeporte (actividades orientadas ao desenvolvemento das bases psicomotrices para facilitar a práctica deportiva posterior), ritmo, prepatinaxe (II), prexadrez, xogos tradicionais (II) e a ritmo de capoeira.
  • Para 3.º a 6.º curso de E. Primaria: multideporte (I), baloncesto (I), balonmán (I), fútbol sala (I), tenis (I), atletismo (I), baile moderno (I), ximnasia rítmica (I), aerobic (I), patinaxe (I), hóckey a patíns (I), xadrez (I), ximnasia artística (I), capoeira (I), deportes alternativos (I) e, como novidades, voleibol (I), esgrima (I) e hóckey sala (I).
  • Para E. especial: deporte adaptado e baile adaptado.

Novas inscricións: unha vez comezados estes programas, poderá haber altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo e no tramo de idade que se solicita.

Consúltao na ANPA do centro escolar!