Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Deporte no Centro

Información xeral
Descrición

É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

Cos seguintes obxectivos:

  • Gozar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.
  • Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade alcanzado (Deporte para todos), aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.
  • Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.
  • Desenvolver as habilidades motrices básicas, así como as específicas directamente vinculadas ás prácticas deportivas elixidas .
  • Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que lles orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.
Persoas destinatarias

Preferentemente o alumnado de E.Infantil e E. Primaria.También poderá tener cabida o alumnado de ESO, Bacharelato e FP de grao medio e superior de centros públicos do municipio.

Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculados nel, sempre que sexa xustificada a súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.

As solicitudes de alumnado con N.E.E., serán valoradas polo Servizo Municipal de Educación en función da adecuación do programa ás súas necesidades e a dispoñibilidade de recursos.

Período de realización

Do 2 de outubro de 2017 ao 31 de maio de 2018.

Condicións do programa

O centro escolar deberá proporcionar os espazos adecuados para a realización das actividades deportivas do programa.

Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable a un único educador/a, fóra daqueles grupos que polas súas especiais características precisen dun/a educador/a de reforzo.

A ratio mínima para formar grupo será de 12 nos centros de liña 1 e de 15 nos centros de liña 2 ou superior; e a máxima será de 20 participantes a partir do cal abrirase unha listaxe de agarda.

A elección polas/os escolares da actividade deportiva está condicionada á oferta que faga cada centro educativo, a través dá ANPA ou a entidade que xestione as actividades, en función da dispoñibilidade das instalacións e dos intereses do alumnado na inscrición.

Así mesmo, a formación dos grupos estará suxeita ao número de solicitantes e á diferenza de idades entre os mesmos.

Horario

De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h.

As actividades do programa teñen unha periodicidade de dúas sesións alternas á semana, dunha hora de duración cada unha.

En datas de realización de actividades especiais * ou competicións e torneos, este horario pode verse incrementado nunha hora máis.

*Actividades especiais

Son aquelas actividades que se realizan puntualmente dentro do programa, para compartir aficións con outros participantes do mesmo:

  • Encontros Lúdicos: Son propostas de actividades psicomotrices para escolares de Educación Infantil, e para os participantes nas actividades de xogos, xogos rítmicos e xogos tradicionais.
  • Encontros Deportivos: Báseanse na realización de partidos para o alumnado da etapa de Educación Primaria e Secundaria que participan nas escolas de predeporte, multideporte, atletismo, actividades de loita e tenis, agrupados por edades e/ou deportes.
  • Exhibicións: Para todos os participantes nas actividades que teñen base musical e/ou coreográfica programaranse exhibicións ou mostras nas que se amose todo o aprendido no curso
Custo

As familias deberán formalizar a súa participación no programa nas fichas de inscrición que lles facilitarán as ANPAS de cada centro e as cotas quedarán domiciliadas (sen cargo dos gastos bancarios de xestión de recibos) en 2 prazos: até decembro de 2017 e de xaneiro a maio de 2018.

FAMILIAS DE COTA TRIMESTRAL

De outubro a decembro de 2017

  • 1 fillo/a: 13€ por cada actividade
  • 2 fillos/as: 10,40€ por cada actividade e fillo/a
  • 3 fillos/as: 9,10€ por cada actividade e fillo/a
  • Máis de 3 fillos/as: 7,80€ por cada actividade e fillo/a

De xaneiro a maio de 2017*

  • 1 fillo/a: 20€ por cada actividade
  • 2 fillos/as: 16€ por cada actividade e fillo/a
  • 3 fillos/as: 14€ por cada actividade e fillo/a
  • Máis de 3 fillos/as: 12€ por cada actividade e fillo/a

As cotas de inscrición inclúen toda a dotación do equipamento, material e transporte necesario para o desenvolvemento das actividades.

Cada participante deberá aboar unha cota de 4,00€ por un seguro de accidentes, que lle dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2017/18.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

No Local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 4 ao 15 de setembro de 2017 nos CEIP e até o 22 de setembro nos IES e CIFP

Para formalizar a inscrición Deporte no Centro deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada.

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade e modalidade deportiva que se solicita.

Novidades para este curso

Novas modalidades deportivas: voleibol, esgrima e hockey sala, de 3.º a 6.º cursos de E. Primaria e E. Secundaria, co fin de incorporar estas modalidades deportivas presentes nos “Xogos Escolares” organizados polo Servizo Municipal de Deportes.

Cada participante deberá aboar unha cota de 4,00€ por un seguro de accidentes, que lle dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2017/18.

Máis información

MODALIDADES DEPORTIVAS

  • E. Infantil: xogos, xogos rítmicos, prepatinaxe (I), xogos de taboleiro, xogos tradicionais (I) e xogos de capoeira.
  • 1.º e 2.º cursos de E. Primaria: predeporte (actividades orientadas ao desenvolvemento das bases psicomotrices para facilitar a práctica deportiva posterior), ritmo, prepatinaxe (II), prexadrez, xogos tradicionais (II) e a ritmo de capoeira.
  • De 3.º a 6.º cursos de E. Primaria: multideporte (I), baloncesto (I), balonmán (I),fútbol sala (I), tenis (I), atletismo (I), baile moderno (I), ximnasia rítmica (I), aerobic (I), patinaxe(I), hockey a patíns (I), xadrez (I), ximnasia artística (I), capoeira (I), deportes alternativos (I) e, como novidades,voleibol (I), esgrima (I) e hockey sala (I).
  • ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de grao medio e superior de FP: multideporte(II), baloncesto (II), balonmán (II), fútbol sala (II), tenis (II), atletismo(II), baile moderno (II), ximnasia rítmica (II), aerobic (II), patinaxe (II), hockey (II), xadrez (II), ximnasia artística (II), capoeira (II), deportes alternativos (II) e, como novidades,voleibol (II), esgrima (II) e hockey sala (II)..

En PREPATINAXE, PATINAXE E HOCKEY A PATÍNS será obrigatorio o uso de proteccións (casco, pulseiras e xeonlleiras) para os/as participantes que aínda non teñan 2 anos de experiencia. Para o resto o uso de proteccións é moi recomendable.

DEPORTES ALTERNATIVOS: Terán cabida aqueles deportes minoritarios como o Dodgeball, Quiditch, Fútbol Gaélico, Ultimate,...

Centros onde se oferta

Centros públicos de Educación Infantil e Primaria, e de Educación Secundaria da cidade.

Entidades colaboradoras

Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos

R/ Orzán, 21 | Tel. 981.202.002

15002 A Coruña

ocio@fedapascoruna.org

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 ao 30 de setembro de 2017

Inscrición alumnado

No Local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 4 ao 15 de setembro de 2017 nos CEIP e até o 22 de setembro nos IES e CIFP

Para formalizar a inscrición Deporte no Centro deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada.

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade e modalidade deportiva que se solicita.

Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

Tel. 981 184 200 ext. 12038

Fax: 981 184 370