Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Educa saúde

O Concello amplía o seu programa 'Educasaúde' cun proxecto de Almorzos Saudables e unha acción formativa sobre saúde escolar para persoal docente

O Concello amplía o seu programa 'Educasaúde' cun proxecto de Almorzos Saudables e unha acción formativa sobre saúde escolar para persoal docente

O IES Elviña inicia esta semana unha acción para proporcionar pautas nutricionais a un grupo de 40 alumnas e alumnos e, ao tempo, asegurarlles un almorzo completo

A Concellería de Xustiza Social e Coidados inicia mañá mércores o proxecto Almorzos Saudables, dentro do programa Educasaúde, que se desenvolve nunha decena de centros de ensino da cidade e que ten como finalidade fomentar os hábitos saudables entre a poboación infantil e xuvenil, e concienciar ás familias para transmitir condutas adecuadas, orientadas a unha vida saudable. Neste caso, o proxecto, unha das novidades que se incorporan este ano a este programa municipal, vai dirixido a un grupo específico de alumnas e alumnos do IES Elviña, arredor de 40 estudantes con dificultades para acceder ás cinco comidas diarias establecidas como base dunha boa alimentación. O obxectivo, segundo o expón a responsable municipal desta área, Silvia Cameán, pasa por proporcionar ao alumnado obxecto desta intervención coñecementos sobre alimentación, a partir dos almorzos saudables e, ao tempo, asegurar ás e aos participantes un almorzo completo, "na procura de que todas as veciños e veciñas, e en especial as menores de idade, poidan ter acceso a unha alimentación digna".

A este fin, o equipo técnico, composto por un pediatra e unha nutricionista, traballará no deseño de cinco propostas de almorzo completo, un por cada día da semana, que se elaborarán e servirán na cafetería do centro de ensino. A nutricionista acudirá un día por semana, durante cinco semanas para explicar ao grupo os compoñentes da proposta deseñada, así como as súas propiedades e as razóns da combinación deses alimentos, "de maneira que proporcione coñecementos básicos de nutrición da forma máis ampla posible e, do mesmo xeito, axude a estes mozos e mozas a sensibilizarse co tema e tomar conciencia da necesidade de complementar a dieta", expón a concelleira.

Xunto con esta proposta, o programa Educasaúde amplíase este ano cun curso sobre saúde no medio escolar, dirixido a profesorado e persoal nos centros escolares e de educación infantil, que busca proporcionar aos e ás profesionais os coñecementos e habilidades necesarias en problemas de saúde frecuentes ou urxentes, daqueles nenos e nenas que presentan incidencias de saúde urxentes, accidentais ou, no seu caso, secundarias ás súas enfermidades crónica. "O que se busca é poder atender ás necesidades específicas dos pequenos e pequenas con patoloxías crónicas no medio escolar, para facilitar o seu normal desenvolvemento e evitar a súa discriminación, e converter o ámbito escolar nun medio máis favorable para toda a comunidade escolar", expón Cameán, quen salienta que programas coma este póñense en marcha para "crear unha contorna máis segura e favorable nos centros escolares para todo o alumnado, con especial atención a aquelas e aqueles alumnos que presentan enfermidades crónicas".

O programa, que se desenvolverá en seis sesións, abordará enfermidades e problemáticas como a asma, a epilepsia e as convulsións, a diabetes, as alerxias alimentarias e intolerancias, anafilaxia e enfermidade celíaca, así como as enfermidades comúns, e tocará aspectos dos accidentes e incindentes urxentes. Tamén dedicará unha sesión a analizar a situación legal respecto da actuación ou inhibición ante a situación de enfermidade escolar.

Estas dúas novas accións, o programa formativo para docentes e o proxecto Almorzos Saudables, veñen ampliar as actividades que se inscriben en Educasaúde, que se leva a cabo nunha decena de centros da cidade, con arredor de 3255 alumnos e alumnas beneficarias, para promover pautas de conduta saudables entre un público que inclúe a educación infantil e primaria e as súas familias. Nel desenvólvense accións nos colexios, en horario de mañá, e sesións de tarde coas familias.

Fonte: Concello da Coruña